X Premio "Risco" de creación literaria
X PREMIO RISCO DE CREACIÓN LITERARIA
O CONCELLO DE OURENSE e a Fundación Vicente Risco en colaboración coa Editorial Sotelo Blanco, convoca un premio anual de CREACIÓN LITERARIA, co fin de abranguer os diferentes campos da obra, non só de quen foi veciño ilustre desta vila, don Vicente Martínez-Risco e Agüero, senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez-Risco Fernández, veciños que foron desta ilustre cidade.
Ao PREMIO RISCO DE PROSA LITERARIA, poderán presentarse novelas, conxuntos de relatos, ensaios, etc. Exclúense, polo tanto, teses académicas ou traballos específicamente científicos, que teñen o seu ámbito propio no PREMIO VICENTE RISCO DAS CIENCIAS SOCIAIS.
Para este fin, e tendo en conta a colaboración e opinión da Fundación Vicente Risco, redactáronse as seguintes
B A S E S
Primeira
Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente e cunha extensión mínima de 150 folios e máxima de 300.
Segunda
Os orixinais presentaranse por sextuplicado en soporte de papel en tamaño DIN-A4 mecanografados en letra Times New Roman de corpo 12 por unha soa cara e a dobre espazo, antes do día 30 de abril , data do pasamento de don Vicente, de 2009, no Rexistro Municipal do Concello de Ourense.
Terceira
Cada orixinal irá acompañado dun sobre pechado, co título ou lema no seu exterior, cos seus datos (nome completo, enderezo e teléfono) e o título definitivo da súa obra.
Cuarta
A obra gañadora será premiada con 6.000 euros e a publicación do libro.
Quinta
O Xurado estará composto por cinco persoas escollidas entre personalidades recoñecidas do mundo da literatura. A presidencia será exercida pola persoa designada polo Concello de Ourense.
Sexta
A composición do xurado darase a coñecer pública e oportunamente pouco antes da data de emisión da súa decisión, o derradeiro sábado de maio.
Sétima
Se a calidade literaria das obras no fose estimábel, segundo o criterio do Xurado , o premio poderá declararse deserto.
Oitava
O Excmo. Concello de Ourense, resérvase o dereito de publicación, sen limitación de número de exemplares nin de edicións, da obra gañadora, reservándose tamén os dereitos de edición desta en todas as linguas coa posibilidade de ceder tales dereitos a terceiros.
A contía do premio considérase en concepto de adianto polos dereitos de autor. O beneficiario do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada.
Asemade, a persoa gañadora do premio formará parte do xurado na seguinte edición.
Novena
Os orixinais que non resulten premiados seranlles devoltos aos seus autores e autoras se os requirisen por escrito antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado.
Décima
A participación neste premio leva de seu a aceptación das presentes Bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.
Ourense, decembro de 2008
Datas de Inscrición:
Data de inicio: 05/12/2008
Data de fin: 30/04/2009
Información e inscrición:
Lugar de inscrición:
Concello
