Concello de Ourense

Castellano
Banner Ourense seculo XXI
  • Inicio

Concurso do Cartel Anunciador da Carreira Popular do San Martiño 2009

A Concellería de Deportes do Excmo. Concello de Ourense, convoca un concurso para a confección do cartel anunciador da Carreira Pedestre Popular do San Martiño de acordo coas seguintes:

BASES

1.TEMÁTICA: O tema será de libre elección dentro dos motivos característicos do que se pretende anunciar: ''33 CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO 2009''

2.PARTICIPANTES: Poderán concorrer persoas de calquera nacionalidade, podendo presentar cada unha delas un máximo de tres obras.

3.RECEPCIÓN DAS OBRAS: O prazo límite a tódolos efectos de presentación rematará o día 17 de xullo de 2009 ás 14:00h nas oficinas do Consello Municipal de Deportes (C/Pardo de Cela núm.2, Ourense)

4.DEVOLUCIÓN DAS OBRAS: De toda obra recibida entregarase un recibo que servirá para poder retirala en caso de non ser premiada.
O prazo para a devolución será de 2 meses a partir do día seguinte ó fallo do xurado, previa presentación dos correspondentes recibos.
Transcorrido o prazo fixado as obras que non foran retiradas serán propiedade do CMD.
Os trámites e gastos que se xeren para a devolución das obras que non resulten premiadas correrán por conta do remitente

5.DIMENSIÓNS E CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS: As obras presentadas non excederán de 1m x 1m nin medirán menos de 50cm x 40cm, podendo adoptar calquera forma dentro desas medidas. A execución será a base de seis tintas como máximo nas súas correspondentes gamas. As obras virán montadas nalgún tipo de soporte ríxido que evite o seu deterioro no posible transporte.
O Consello Municipal de Deportes non se fai responsable dos posibles deterioros que as obras poidan sufrir nos transportes tanto para a recepción como para a devolución delas.

6.PRESENTACIÓN: Os traballos presentaranse sen firma e o autor deberá achegar nun sobre cerrado os datos de identificación, enderezo e teléfono. Só se abrirá o sobre da obra que resulte premiada.

7.PREMIO: Establécese un único premio de 600 € que se poderá declarar deserto se o Xurado o considera oportuno. O premio terá os descontos que marca a Lei.

8.PROPIEDADE DAS OBRAS: O cartel premiado deberá presentarse en formato electrónico para a súa mellor reprodución e pasará a ser propiedade municipal con tódolos dereitos de libre reprodución e difusión.

9.O XURADO: O xurado reunirase o día 22 de xullo de 2009 e emitirá o seu fallo, que será inapelable. Estará formado por:

  • Presidente do CMD
    Vocais:
    • Xerente do CMD
    • Coordinador do CMD
    • Administrador do CMD
  • Secretario
    Ou persoas nas que deleguen.

10.ACEPTACIÓN DAS BASES: Os participantes, polo feito de concursar, aceptan tódolos puntos contidos nestas bases e as decisións do xurado, sen dereito a reclamación.

Ourense, 29 de maio de 2009

Datas de Inscrición:

Data de inicio: 29/05/2009
Data de fin: 17/07/2009

Información e inscrición:

Lugar de inscrición:

Consello Municipal de Deportes

Horario de inscrición:

Inscripción ata as 14:00 horas do 17 de xullo

Utilidades
  • Imprimir

CONCELLO

CIDADE

TRÁMITES

AXENDA

DIRECTORIO

Menú Principal

  • CONCELLO
  • CIDADE
  • TRÁMITES
  • AXENDA
  • DIRECTORIO

MAPA WEB

CONCELLO
  • Actividades do Pleno
  • Atención ao cidadán
  • Calendario Fiscal
  • Carpeta Cidadá
  • Corporación Municipal
  • Delegacións Municipais
  • Emprego municipal
  • Información económica
  • Normativa
  • Perfil do Contratante
  • Premios e concursos
  • Proxectos estratéxicos
  • Subvencións 2010
  • Xuntas de Área
CIDADE
  • Benestar Social
  • Comercio e Industria
  • Cultura
  • Deportes
  • Educación
  • Emprego e promoción económica
  • Igualdade
  • Medio Ambiente
  • Participación Cidadá
  • Sanidade
  • Termalismo
  • Urbanismo
  • Xuventude e Voluntariado
TRÁMITES
  • Buscador de trámites
  • Trámites on-line
  • Impresos
AXENDA
  • Actos para hoxe
  • Actos en 7 días
  • Actos nun mes
  • Búsqueda Avanzada
  • Calendario de Festivos
  • Auditorio
DIRECTORIO
  • Municipal
  • Emerxencias
  • Transportes
TURISMO

 © Concello de Ourense| Praza Maior nº1 | 32005 Ourense | Tel: 988 388 100

  • Contacto
  • Preguntas Frecuentes
  • Nota legal
  • Accesibilidade

Este portal de internet foi financiado pola iniciativa comunitaria URBAN II

  • ¡CSS Válido!
  • Valid XHTML 1.0 Strict
  • AA