Carpeta Cidadá
A Carpeta Cidadá é un espazo virtual que habilita unha nova vía de comunicación entre a cidadanía e o Concello.
Destacamos las seguintes funcionalidades:
- Trámites "online" a determinados servizos sen necesidade de ter que presentarse nas dependencias municipais.
- Consulta de recibos, xeración de cartas de pago.
- Datos de Padrón xunto coa descarga do seu volante de empadroamento.
- Calendario fiscal personalizado.
O Concello incorporará progresivamente novas prestacións que ampliarán a operativa entre a cidadanía e o Concello.
Para poder acceder aos servizos de Carpeta Cidadá, deberá solicitar previamente no Concello un código de acceso que o identificará como usuario para a execución de trámites persoais.
