Ruta da Esmorga
Ourense foi coñecida a principios do século X como a Atenas de Galicia pola grande cantidade e calidade dos escritores que en ela viviron. Autores como Ramón Otero Pedrayo ou Vicente Risco a través da "Xeración Nós" recolleron o caldo e cultivo iniciado polos creadores como Curros Enríquez, Lamas Carvajal ou Álvarez de Novoa. A semente continuou ata os nosos días con autores como: Xosé Luís Méndez Ferrín; José Ángel Valente, Carlos Casares,... e sobre todo Eduardo Blanco Amor
Porque este escritor foi un dos que máis escribiu sobre a "vella Auria". As súas descricións case retratos (era ademais un magnifico fotógrafo) nos retrotraen o Ourense de principios de século XX; precisamente o que coñeceu durante a súa infancia e adolescencia ata que se viu obrigado a abandonar a cidade en 1918 e emigrar a Bos Aires. Así sucede nese conxunto de contos titulados "Os Biosbardos" en "Xente ao lonxe",ou en "La catedral y el niño". E por suposto en "A Esmorga" . Para algúns a mellor novela galega de tódolos tempos.
A acción é desenrolada por tres personaxes: Cibrán Canedo (o narrador). Juan Fariña e Eladio Vilarchao, máis coñecidos polos seus motes. O longo de unha xornada, estes personaxes marxinais entran nunha espiral de violencia e alcohol no que o desenrolo deixámosllo o lector. Na súa permanente fuxida , acompañados sempre pola chuvia, percorren ligares que Blanco Amor sitúa en puntos coñecidos do municipio.
Para recordar estes sitios , fai uns anos o Club Cultural Alexandre Bóveda en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ourense, colocaron unha serie de placas, en total oito, recordando outros tantos escenarios da novela.
Sen chegar a desvelar a trama completa, se podemos dicir que se inicia cando Cibrán vai a traballar un luns e pasa cerca do Mesón de la Cristina. Pouco despois se atopa cos outros dous que o convencen para tomar algo na taberna de la Tía Esquilacha. Estaría esta o arranque da Avenida Zamora. Aquí temos a primeira das placas situada en unha das columnas de a delegación de Sanidade.(Imaxe 1)
Dende aquí marcharon pola Ponte Pelamios para cruzar o Barbaña (ponte xa desaparecido) ata chegar ás Burgas. Na ponte da Burga se atopa a segunda placa. No entorno estaba a casa dos Andrade onde habitaba unha misteriosa dama. Dende aquí cruzarán de novo o Barbaña para despois de pasar por Saltodocán, chegar o Pazo dos señores de "Castelo". Despois de un suceso no mesmo (non desvelamos toda a trama senón soamente o itinerario), de novo saen correndo. (Imaxe 2)
Entran na zona antiga pola "Porta do Aire" (recorda o nome unha das portas da cidade). Se atopa no xardín do Posío, no arranque da rúa Julio Prieto Nespereira. Despois de pasar diante das tabernas de esta rúa farán unha parada para beber na Fonte de San Cosme.A terceira placa aclara o que sucedeu neste sitio. Por certo, na capela homónima se atopa o Belén de Baltar no cal este escultor fai un pequeno homenaxe os personaxes da nosa novela. Dende aquí deciden ir a Ferreiría onde esta a "Casa Monfortina". Como non os deixan entrar e como aparece a policía, deciden cambiar de rumbo.(Imaxe3)
Pasan polo calexo de Pena Vixía. A nova placa se atopa entre a rúa Hernán Cortes e Liberdade facendo esquina con esta última.(Imaxe 4)
A súa próxima parada será a Casa da Nonó. Aínda que breve, posto que de novo terán que saír correndo. Pasando pola Praza do Correxidor, onde as campás marcarán a media noite, páranse na rúa da Estrela xa que un de eles tiña a casa alí.(Imaxe 5)
Planifican que facer, e saen de novo non sen antes parar un momento na Rúa dos Fornos e esconderse o pouco na Igrexa de Santa Eufemia porque apareceu de novo a policía.O saír, un ataque de risa os fará parar na cércana "Fonte do Rei". (Imaxe 6)
Xa citamos este lugar na ruta do mes pasado porque esta fonte, que xa non mana auga, conserva o escudo antigo da cidade. Aquí temos a sexta placa. Rodearán practicamente toda a mazá para volver de novo "preto da Praza Maior" como reza a seguinte placa e que se atopa na Rúa Lamas Carvajal, cerca da citada praza.(Imaxe 7)
A partir de aquí o resto da acción preferimos que a descubra o lector. O no caso de dubidas, se informe na Oficina Municipal de Turismo.
