Axuda do rueiro
O rueiro de Ourense ten unha navegación a través de pestanas.
Pestana Mapa
É a pestana que se abrirá por defecto o acceder o rueiro; existen 5 zonas claramente diferenciadas: Mapa Guía, Información, Zona Mapa, Ferramentas e Zoom

- Mapa guía
Aquí pode observarse a miniatura do mapa do termo municipal de Ourense. Sobre dito mapa existe un rectángulo, que indica a zona activa do mapa; e dicir o que se esta visualizando na zona mapa.- Información
Aqui podense observar cales son os elementos que se visualizan na zona mapa, dende aqui podemos ampliar esta selección. Para poder facer un filtro máis restrictivo dos elementos a mostrar no rueiro, débese seleccionar a pestana Lenda.- Mapa
É a parte principal do rueiro, na que se observa a ampliación da zona do mapa sinalado cun rectángulo sobre o mapa guía.- Ferramentas
Para poder traballar co mapa que se mostra na zona Mapa, pódense utilizar as ferramentas que aparecen no lateral dereito:
- Permite centrar na selección
- Permite ver o termo municipal de Ourense en toda a súa extensión.
- Permite debuxar un rectángulo sobre o Mapa, a zona sobre a que se pinta o rectángulo será ampliada.
- Ferramenta que permite facer unha impresión da zona Mapa
- Permite poder observar o mapa nunha PDA
- Permite gardar o mapa.
- Permite enviar o mapa a un correo electrónico.
- Zoom
Na parte inferior do mapa existe a ferramenta que permite facer zoom sobre o mapa da zona Mapa; existen dúas formas de utilizalo:
-Utilizando os símbolos + (máis) e - (menos). Primeiro tense que pulsar sobre o símbolo desexado e logo facer clic sobre a zona do mapa sobre o que se quere aplicar o zoom.
-Tamén pódense utilizar os distintos zoom que aparecen entre o símbolo + (máis) e o símbolo - (menos):
Zoom 8: (1:100.000)
Zoom 7: (1:50.000)
Zoom 6: (1:25.000)
Zoom 5: (1:15.000)
Zoom 4: (1:10.000)
Zoom 3: (1:5.000)
Zoom 2: (1:2.500)
Zoom 1: (1:1.000)
Zoom 0: (1:500)
Pestana Buscar
Permítense dous tipos de busca, a busca por enderezo e a busca por tipo de elemento.
Busca por enderezo.- Permite localizar unha dirección no mapa
No caso de non localizarse o enderezo directamente, o motor de busca devolverá un listado coas coincidencias obtidas na base de datos de enderezos
Busca por tipo de elemento.- Permite situar no mapa un elemento en concreto.
Por exemplo:
Buscar por: Administración local
Valores: Concello de Ourense
Mostra o mapa e sitúa no mapa o edificio da Casa del Concello.
Pestana Lenda
Permite coñecer a correspondencia entre iconas e elementos. Ademáis permite que seleccionar os distintos tipos de elementos para que se mostren no mapa, unha vez seleccionados, o volver a etiqueta mapa pódense observar todos os elementos seleccionados sobre o mapa.
Pestana Información
Unha vez seleccionado un territorial no mapa, a pestana información proporciona datos sobre o territorial en cuestión.
Tamén é útil para poder obter as distancias entre os distintos territoriais que aparecen no mapa. Por exemplo, cando realizamos unha busca por enderezo e logo seleccionamos a pestana información, mostraranse as distancias dende o enderezo seleccionado o resto de elementos que estanse a mostrar no mapa (no caso de querer mostrar máis elementos no mapa, teremos que diminuír o zoom).
Pestana Opcións
Permite configurar o rueiro en canto a resolución de pantalla e idioma.

- Permite centrar na selección
- Permite ver o termo municipal de Ourense en toda a súa extensión.
- Permite debuxar un rectángulo sobre o Mapa, a zona sobre a que se pinta o rectángulo será ampliada.
- Ferramenta que permite facer unha impresión da zona Mapa
- Permite poder observar o mapa nunha PDA
- Permite gardar o mapa.
- Permite enviar o mapa a un correo electrónico.
; existen dúas formas de utilizalo: