Servizo de Normalización ligüística
O Concello de Ourense dispón dun Servizo Municipal de Normalización Lingüística, indispensable no proceso de recuperación e dinamización do galego. Os seus obxectivos principais son:
- incrementar o uso social da lingua
- contribuír á completa galeguización da administración local
- mellorar a calidade das producións lingüísticas.
O Concello quere demostrar o seu compromiso co idioma propio prestando especial atención ao proceso de normalización.
Podes contactar con nós na Concellería de Cultura, Festas, Festival de Cine e Normalización lingüística.
