Concello de Ourense

Castellano
Banner Ourense seculo XXI
  • Inicio

Aula da Natureza do río Miño

  • Enderezo:
    Paseo fluvial de Oira
    Ourense
    [Ver no mapa]
  • Zona:
    Cidade/Ciudad
  • Tel.:
    988 510 781
  • Horario:

    De luns a venres de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

  • Natureza:
    Pública

"A Educación Ambiental concíbese como un proceso permanente en que os individuos e a colectividade cobran consciencia do seu medio e adquiren os coñecementos, os valores, as competencias, a experiencia e tamén a vontade, capaces de facelos actuar, individual e colectivamente, para resolver os problemas actuais e futuros do medio ambiente".

Esta definición oficial ben pode servir de punto de partida para explicar o que a Concellería de Educación do Concello de Ourense pretende conseguir coa creación da Aula da Natureza, xa que expón con claridade cal é o obxectivo final da Educación Ambiental, que resumimos nunha soa idea: intervención da xente na resolución dos problemas ambientais.

A Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira, ofrece visitas guiadas onde, mediante paneis e diverso material informativo como maquetas e expositores, a xente que veña por aquí familiarízase co río Miño e co bosque de ribeira: aspectos naturais, patrimoniais, culturais e históricos relacionados co río ao seu paso pola nosa cidade. Poden asistir persoas de todas as idades, tendo en conta que as explicacións se adaptarán aos diferentes niveis educativos dos participantes.
Respecto aos escolares, en coordinación co programa de Saúde Medio ambiental da Concellería de Educación, ofertámoslles unha serie de actividades que, dependendo das necesidades e/ou desexos dos centros que as soliciten, daremos prioridade á súa execución, só condicionada polo tempo meteorolóxico.

Obxectivos:

Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos culturais e históricos relacionados co medio, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiás.

Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademáis de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.

Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico e da conservación do patrimonio natural e cultural.

Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.

Tomar conciencia do valor do noso e a importancia da súa conservación a favor do desenvolvemento sostible.

Descubrir a influencia do medio na saúde, entendida no seu concepto máis moderno e amplo como "Estado de benestar físico, psíquico e social" segundo a OMS.

Recursos asociados

  • CALENDARIO (Formato PDF)
  • PRESENTACIÓN AULA (Formato PDF)
  • ACTIVIDADES RELACIONADAS COS ANIMAIS (Formato PDF)
  • ACTIVIDADES RELACIONADAS CAS PLANTAS (Formato PDF)
  • ACTIVIDADES RELACIONADAS COA ECOLOXIA E A RECICLAXE (Formato PDF)
  • ACTIVIDADES RELACIONADAS COA TERRA E O MEDIOAMBIENTE (Formato PDF)
  • APRENDE COA NATUREZA (ACTIVIDADES VERÁN) (Formato PDF)
  • FUNCION SOCIAL (Formato PDF)
Utilidades
  • Imprimir

CONCELLO

CIDADE

TRÁMITES

AXENDA

DIRECTORIO

Menú Principal

  • CONCELLO
  • CIDADE
  • TRÁMITES
  • AXENDA
  • DIRECTORIO

MAPA WEB

CONCELLO
  • Actividades do Pleno
  • Atención ao cidadán
  • Calendario Fiscal
  • Carpeta Cidadá
  • Corporación Municipal
  • Delegacións Municipais
  • Emprego municipal
  • Información económica
  • Normativa
  • Perfil do Contratante
  • Premios e concursos
  • Proxectos estratéxicos
  • Subvencións 2010
  • Xuntas de Área
CIDADE
  • Benestar Social
  • Comercio e Industria
  • Cultura
  • Deportes
  • Educación
  • Emprego e promoción económica
  • Igualdade
  • Medio Ambiente
  • Participación Cidadá
  • Sanidade
  • Termalismo
  • Urbanismo
  • Xuventude e Voluntariado
TRÁMITES
  • Buscador de trámites
  • Trámites on-line
  • Impresos
AXENDA
  • Actos para hoxe
  • Actos en 7 días
  • Actos nun mes
  • Búsqueda Avanzada
  • Calendario de Festivos
  • Auditorio
DIRECTORIO
  • Municipal
  • Emerxencias
  • Transportes
TURISMO

 © Concello de Ourense| Praza Maior nº1 | 32005 Ourense | Tel: 988 388 100

  • Contacto
  • Preguntas Frecuentes
  • Nota legal
  • Accesibilidade

Este portal de internet foi financiado pola iniciativa comunitaria URBAN II

  • ¡CSS Válido!
  • Valid XHTML 1.0 Strict
  • AA