Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense
-
Situación:
-
Telf.988 388 100 ext.1200 e 1452
FUNCIÓNS
O Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense é o órgano especializado no coñecemento e resolución das reclamacións económico-administrativas sobre os actos de xestión, liquidación, recadación e inspección de tributos e ingresos de dereito público que sexan competencia do Concello de Ourense e das entidades de dereito público vinculadas ou dependentes do mesmo.
Así mesmo emite ditames sobre os proxectos de Ordenanzas Fiscais e elabora estudos e propostas en materia tributaria a requirimento dos órganos municipais competentes.
Créase ó abeiro do establecido na Lei 57/2003, de 16 de decembro, sobre medidas para la modernización do goberno local que establece un réxime xurídico específico para os municipios de gran poboación, adicionando á Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, un título X, cuxo ámbito de aplicación se detalla no artigo 121 da referida Lei.
MEMBROS DO TRIBUNAL
- Presidente: Luis María Bermúdez de la Puente Villalba
- Vogal: Francisco Cacharro Gosende
- Vogal-secretario: Julián Resino Santamaría
NORMATIVA DE APLICACIÓN
- Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
- Real decreto 520/2005, de 13 de maio, polo que se aproba el Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei xeral tributaria, en materia de revisión en vía administrativa.
- Regulamento do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense (BOP de Ourense nº 143 de 24/06/2005).
