Novas
Medio milleiro de ourensáns acceden ás novas tecnoloxías a través da Aula CeMIT do Concello de Ourense
27/12/2011Co obxectivo de confeccionar con estos datos un perfil de usuario e poder axustar e mellorar a programación do centro ó usuario medio, a Concellería de Emprego e Promoción económica está a elaborar dende este verán na Aula CeMIT do Concello de Ourense, está a recoller datos estadísticos sobre a afluencia de usuarios, o tempo medio de uso e o obxectivo co que acceden á sala.
Según os datos recollidos polo persoal do centro, 457 usuarios se rexistraron nas bases de acceso da Aula dende o mes de setembro. Diariamente acceden á sala unha media de 61 usuarios, que a empregan, ademáis de para a realización de cursos, para a búsqueda de información, por motivos académicos (realización de traballos, consulta de bases de datos...) ou laborais (búsqueda de emprego) e para o ocio, coma o uso do correo electrónico e as redes sociais, sendo o tempo medio de acceso por usuario de 1 hora 14 minutos.
No ano 2011 celebráronse 37 cursos, que implican un total de 681 horas de formación, organizados polo Concello de Ourense, a Xunta de Galicia e autonómicas e asociaicións da cidade. Algúns dos cursos con maior afluencia son o curso de márketing en internet, creación de videoxogos, creación de webs para dispositivos móviles, streaming de audio e vídeo organizado pola red CeMIT ou o curso de pizarras dixitais para profesores e curso de Informática do proxecto Auria Inserta organizados polo Concello de Ourense.
As asociacións da cidade, coma o Comité Cidadán Antisida ou Radio Ecca, tamén organizan cursos formativos e de búsqueda de emprego para colectivos afectados pola brecha dixital.
O horario de acceso ó público é de luns a venres de 9h a 14h polas mañás e de 16h a 21h polas tardes, durante todo o ano. No Nadal, dende o 22 de decembro ó 7 de xaneiro, o centro saomente estará aberto pola mañá, en horario de 9 a 14h de luns a venres.
A aula estase a converter en referente para todos aqueles que desexan incrementar os seus coñecementos informáticos e tenta potenciar o uso das novas tecnoloxías entre as persoas de maior idade para a formación, a búsqueda de emprego ou o ocio, dentro do obxectivo do Concello de Ourense a través da Concellería de emprego e Promoción Económica de disminuír a brecha dixital implantando políticas de accesibilidade web para todas as persoas, independentemente das súas limitacións físicas ou das derivadas do seu entorno.
Aula CeMIT
O antigo telecentro, foi renomeado coma Aula CeMIT, tras a súa inclusión na rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) que se creou co obxectivo de coordinar as actuacións das diferentes aulas públicas de acceso a internet dependentes da Comunidade Autónoma galega, para favorecer a alfabetización dixital e o desenvolvemento da Sociedade da Información.
O telecentro abriu as súas portas ó publico en abril do 2009 na rúa do Progreso, 44. A sala conta con 20 ordenadores, un deles adaptado a persoas con discapacidade. Todos eles dispoñen de lector dixital de DNI electrónico, DVD, monitor TFT, headset con micro, control de volume de Windows XP e paquete de ofimática e multimedia. A sala dispón tamén dun proxector con pantalla motorizada, sistema de videoconferencia e rede wifi.
