Novas
A Oficina de Atención ó Cidadán do Concello de Ourense atendeu a máis de 40.000 veciños dende a súa posta en marcha no 2008
29/12/201113.438 cidadáns foron atendidos pola da Oficina de Atención ó Cidadán do Concello de Ourense no ano 2011, sumando un total de 40.021 veciños dende a apertura da Oficina no ano 2008. Ano tras ano, o balance da atención ós cidadáns reflexa un incremento de actividade da dependencia municipal pasando das 5.252 consultas atendidas en 2008 ata as case 13.500 deste ano, incrementándose nun 22% con respecto ó 2010.
Durante o ano 2011, a Concellería de Participación Cidadá, da que depende a Oficina, apostou pola ampliación dos servizos ós cidadáns (padrón de habitantes, punto de información de benestar social, xestións tributarias e cita previa) e un novo horario (de 9h. A 14h. e de 16h. A 20h.) que obtivo como resultado un considerable incremento da actividade da tarde, cunha media mensual de 284 persoas.
O novo horario comezou en marzo dous días pola tarde e ampliouse en setembro a tódolos días da semana (de luns a venres) de 16h a 20h. e ten como resultado 1.403 persoas atendidas en 2011 en horario de tarde.
Balance 2011
O medio máis empregado para solicitar información é a atención presencial con máis de 7.000 consultas (7.348), seguida da atención telefónica (4.296) e case 1.800 vía internet (1.794).
Das xestións que se realizaron no ano 2011, 8.622 solicitaban información xeral, administrativa, orientación e cumprimentación de instancias, 2.258 foron peticións veciñais, das cales se resolveron o 70%, estando o outro 30% en trámite e 652 foron solicitudes de acceso á Carpeta Cidadá.
Dende marzo de 2011, 1.003 cidadáns solucionaron, a través da Oficina, as súas dúbidas coas xestións tributarias (emisión de recibos, domiciliación bancaria, cambio de aderezo fiscal...).
Coa ampliación de servicios que tivo lugar no mes de setembro, foron atendidas 430 persoas que solicitaron información, certificados ou volantes do padrón de habitantes e 473 veciños acudiron á Oficina para solicitar información relacionada coa Concellería de Benestar Social (programas, cursos, derivación dos cidadáns ás Unidades Interdisciplinares de Intervención Social...) ou a información de solicitude de Cita previa, que estará dispoñible nos primeiros meses de 2012.
Información, orientación e axuda
O organismo municipal adícase a informar, orientar e axudar aos cidadáns nas súas dúbidas e inquedanzas con respecto a trámites administrativos, actividades culturais e información xeral e administrativa. Asimesmo, a través da carpeta cidadá pódese solicitar información, facer peticións veciñais, queixas e suxestións, consultar tributos municipais, ou pagar recibos.
As dependencias da Oficina de Atención ó Cidadán atópanse na Praza de Santa Eufemia (Esquina rúa Arcediagos), nº 6 baixo. O teléfono é o 988 39 29 09, e o teléfono para persoas xordas o 682 383 037.
