Novas
O Concello de Ourense fomenta a reciclaxe entre os escolares co xogo "Ti reciclas, Ourense gaña"
As concelleiras de Educación, Ana Garrido e Limpeza e Xestión de Residuos, Susana Bayo, presentaron esta mañá no Salón de Plenos do Concello, un novo programa de fomento da reciclaxe nos centros escolares da cidade. As concelleiras estiveron acompañadas por Daniel Liceras, xerente de Xismega e Eladino Cabanelas, deseñador do xogo da oca que se entregará ós participantes do programa.
O Concello de Ourense quere pór en valor a importancia de concienciar ós nenos en materia de reciclaxe. Con esta nova iniciativa recibirán formación e consellos para coñecer a produción de residuos, amosándolle os itinerarios da súa xestión e tratamento, para que sexan capaces de tomar medidas antes de que un produto se converta en lixo.
O curso está dirixido ós alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e do 1º e 2º ciclo de Educación Secundaria de 4 centros educativos da cidade. O primeiro centro en poñelo en funcionamento será o CPR San Pío X seguido do CPR Divino Maestro, CPR A Prísima e o IES Otero Pedraio, cun total de 165 alumnos participantes.
Tralo curso os rapaces posuirán os coñecementos básicos para a correcta reciclaxe, para evitala deposición de impropios (lixo que se bota nun colector erróneo) e a reutilización dos materiais coma novos produtos.
Para implicar aos nenos no proceso de aprendizaxe e facilita-la súa comprensión dun xeito lúdico, cada un deles recibirá o xogo da oca "Ti reciclas, Ourense gaña" deseñado por Eladino Cabanelas, no que cada un dos recadros do taboleiro fai referencia a un ben característico da cidade de Ourense ou a un personaxe da nosa cultura e tradición. O obxectivo é espertar no alumnado a importancia da reciclaxe como método apropiado para o tratamento de residuos, ao tempo que de xeito ameno e divertido van tomando contacto coa cultura da cidade ao longo dos recadros do xogo.
Os tradicionais espazos ocupados pola oca foron substituídos por colectores de reciclaxe, identificados polas tradicionais cores do proceso selectivo para a separación de residuos: cor amarela para envases... verde para vidro, e azul para papel e cartón.
Dende a Concellería de Educación farase un seguemento do programa e coa aplicación dunha serie de indicadores farase una memoria dos logros acadados por cada un dos participantes.
Xestión dos RSU
Considérase xestión de Residuos Sólidos Urbanos ao conxunto de operacións que se realizan cos residuos dende que se xeneran nos hogares e servizos, o seu depósito e recollida, transporte e tratamento. A xestión de residuos sólidos e urbanos é un factor chave e primordial do noso contorno. O aumento do consumo implica a existencia dunha enorme cantidade de residuos que se destinan aos vertedoiros, ou outras fórmulas de xestión, como pode ser a valorización enerxética, reciclaxe,etc.
