Concello de Ourense

Castellano
  • Inicio

Novas

O Concello de Ourense humaniza a rúa Río Mao, no barrio do Vinteún

17/03/2012



» Axuda

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, acompañado de membros do Goberno Municipal, visitou o barrio do Vinteún, para comprobar o resultado das obras de humanización que o Concello de Ourense está a realizar na rúa Río Mao, dentro do programa de actuacións para o acondicionamento de espazos urbáns na cidade de Ourense.

A recuperación da rúa Río Mao, espacio urbano que destaca pola súa amplitude, posibilitou que se fomentase o uso peonil urbano da zona, en convivencia co tráfico rodado, pondo o énfase en facilitar as comunicacións e a fluidez do tráfico en todo o entorno da rúa, que agora é de sentido único en dirección norte cara á rúa río Xares.

A actuación implicou unha mellora e humanización de todo o ámbito coa ampliación de máis dun 40% das zonas verdes e de lecer, adoquinado nas beirarrúas, renovación do arborado e a dotación de novo mobiliario urbano.

A renovación das luminarias e da sinaléctica da rúa completan a actuación que cun orzamento de 909.739,48 euros, cofinanciado polo Concello e a Xunta de Galicia, será recepcionada polo Concello a finais deste mes, presentada xa a acta de liquidación, e implica a reordenación do ámbito e a súa humanización para favorecer a accesibilidade dos peóns e unha maior fluidez do tráfico rodado.

Acondicionamento de espacios urbáns

O Concello de Ourense está a levar a cabo un Programa de acondicionamento dos espacios urbáns, como xa se fixo no barrio de San Francisco, coa rehumanización do entorno do Parque das Zapatillas, na zona comprendida entre a rúa da Granxa, Serra de Queixa, Monte Seixo e Pena Trevinca.

Na actuación se ampliaron as beirarrúas, mantendo as prazas de aparcamento preexistentes e se favoreceu a accesibilidade dos peóns e a seguridade dos nenos nas zonas infantís. A rúa Monte Medo convértese en peonil, e mantense a circulación no resto (Serra de Queixa, Monte Seixo e Coto Novelle), adaptado á coexistencia entre o tráfico peatonal e rodado, favorecendo unha maior fluidez na circulación.

Unha das novidades máis salientables da actuación é a incorporación de pavimento táctil nas rúas Monte Medo e Coto Novelle. Estas son as primeiras rúas que o empregan en Ourense e está especialmente enfocado para persoas con discapacidade visual.

Así mesmo, na zona do Couto, se melloraron os accesos ó barrio da Carballeira na rúa Nicomedes Pastor Díaz e coa instalación de 12 nos semáforos de tecnoloxía led de baixo consumo, que implementan a seguridade e funcionalidade da circulación, especialmente na arteria principal do barrio, a rúa Ervedelo.

Utilidades
  • Imprimir

CONCELLO

CIDADE

TRÁMITES

AXENDA

DIRECTORIO

Menú Principal

  • CONCELLO
  • CIDADE
  • TRÁMITES
  • AXENDA
  • DIRECTORIO

MAPA WEB

CONCELLO
  • Actividades do Pleno
  • Atención ao cidadán
  • Calendario Fiscal
  • Carpeta Cidadá
  • Corporación Municipal
  • Delegacións Municipais
  • Emprego municipal
  • Información económica
  • Normativa
  • Organización e patrimonio
  • Perfil do Contratante
  • Premios e concursos
  • Proxectos estratéxicos
  • Transparencia municipal
  • Tribunal económico-administrativo
  • Xuntas de Área
CIDADE
  • Benestar Social
  • Comercio e Industria
  • Cultura
  • Deportes
  • Educación
  • Emprego e promoción económica
  • Igualdade
  • Infraestruturas
  • Limpeza e Transportes
  • Medio Ambiente
  • Participación Cidadá
  • Saúde
  • Termalismo
  • Urbanismo
  • Voluntariado
  • Xuventude
TRÁMITES
  • Buscador de trámites
  • Trámites on-line
  • Impresos
AXENDA
  • Actos para hoxe
  • Actos en 7 días
  • Actos nun mes
  • Busca Avanzada
  • Calendario de Festivos
  • Auditorio
  • Ociourense
DIRECTORIO
  • Municipal
  • Emerxencias
  • Transportes
TURISMO

 © Concello de Ourense| Praza Maior nº1 | 32005 Ourense | Tel: 988 388 100

  • Contacto
  • Preguntas Frecuentes
  • Nota legal
  • Accesibilidade

Este portal de internet foi financiado pola iniciativa comunitaria URBAN II

  • ¡CSS Válido!
  • Valid XHTML 1.0 Strict
  • AA