Novas
A Oficina de Atención ó Cidadán do Concello de Ourense resolve cada día as peticións e dúbidas de 65 ourensáns
17/04/2012A Oficina de Atención ó Cidadán, foi posta en marcha en abril de 2008 pola Concellería de Participación Cidadá dirixida por María Devesa, para ofrecer ós cidadáns unha maior e mellor atención e información municipal, á vez que se facilitan trámites e peticións veciñais dun xeito próximo, áxil e moderno, cumpre xa catro anos en funcionamento cun total de 44.201 atencións efectuadas. Concretamente, 23.727 persoas foron atendidas de xeito presencial na Oficina, ubicada na praza de Santa Eufemia, 6, baixo; 13.145 telefónicamente (988 39 29 09), e 7.329 vía internet.
Incremento dun 35% de usuarios no 2012
Así mesmo, e influído pola ampliación do horario da oficina e os servizos prestados, os datos recollidos polo propio departamento reflexan un incremento dun 35% das consultas no primeiro trimestre deste ano 2012 con respecto ó pasado exercicio, cun total de 4.131 consultas (1.103 xaneiro, 1.346 febreiro e 1.682 marzo) . Neste tempo, as consultas de información centráronse no programa Ociourense da Concellería de Saúde, á programación cultural do Concello de Ourense, ós cursos da Universidade Popular da Concellería de Educación, Ourense WIFI, cursos de xuventude e voluntariado, información sobre expedientes, cursos nas asociacións de veciños, ou listas de contratacións.
Os modelos de atención empregados polos cidadáns foron en 2.159 casos presencialmente, 1.622 telefónicamente e 350 telemáticamente, que solicitaban información (en 2.293 casos), benestar social (854), peticións veciñais (488), padrón de habitantes (135), xestións tributarias (252) e carpeta cidadá (109).
Ampliación de horarios e servizos
Este mes cúmprese un ano da ampliación dos horarios e prestación dos servizos da oficina. Dende entón, o horario cubre a xornada de tarde (de 16 h. a 20 h.) e resólvense novos servizos como xestións tributarias -emisións de impostos, duplicados, domiciliación bancaria, cambio de enderezo fiscal-, padrón de habitantes -certificados de empadroamento, volantes, consultas, etc.-, ou cita previa para a Concellería de Benestar Social -información, axuda a domicilio, etc.-. Ata hoxe, atendéronse en total, en horario de tarde un total de 2.151 cidadáns.
1º Trimestre do 2012 en detalle
No que vai de ano 2012, as tendencias das consultas dos cidadáns son, por áreas, as seguintes:
- Benestar Social: programa Ociourense, cita previa, ubicación de dependencias e teléfonos, semana dos maiores, información sobre axuda a domicilio, axuda a dependencia, inmigrantes axudas para libros e comedor.
- Cultura: Programación da Concellería e do auditorio, entroido, albergue peregrinos, os maios, Derrame Rock e Festas do Corpus.
- Educación: Cursos da Universidade Popular, Aula de Natureza, Escola de Música, camiño escolar, horta educativa.
- Emprego: Ourense wifi, Ourense inserta, programa eco-emprende.
- Facenda: Emisión de recibos, domiciliación bancaria, impostos, consulta de bonificacións fiscais, etc.
- Igualdade, xuventude e voluntariado: cursos de xuventude, programación Ourense xove, programa de voluntariado embárcate, banco do tempo, acción formativas voluntariado.
- Infraestruturas: información sobre expedientes.
- Limpeza: Recollida de trastos, teléfonos da empresa.
- Medio Ambiente: Préstamo de bicicletas.
- Participación cidadá: cursos nas asociacións de veciños.
- Recursos humanos: listas de contratación para persoal laboral e funcionarios interinos, oposición bombeiros e Policía Local e oferta de emprego 2012.
- Servizos xerais: información sobre reclamación patrimonial, certificantes de empadronamento, etc.
- Mobilidade: autobusaes urbanos, tarxeta milenium.
- Urbanismo: información expedientes, obras menores, inspección de obras e disciplina urbanística.
En canto ás peticións veciñais (488), resolvéronse un total dun 76,89 % das mesmas polas concellerías, nas que se solicitaban as seguintes cuestións: mobiliario, bancos, alumeado, asfaltado de camiños e rúas, beirarrúas, control policial, pasos de peóns, limpeza de camiños ou novas zonas deportivas, entre outros.
Servizos ofrecidos pola Concellería
A Concellería, ofrece, entre outros, os seguintes servizos:
- Información: Información, orientación e axuda nas dúbidas dos cidadáns, sobre trámites administrativos, actividade cultural, e información xeral sobre cursos, programas ou outros expedientes.
- Xestións tributarias: Información sobre tributos municipais, emisión de recibos, domiciliación bancaria, etc.
- Padrón de habitantes: emisión de certificados e volantes de empadroamento.
- Benestar Social: información sobre a área e cita previa.
- Carpeta cidadá: trámites vía internet.
- Peticións veciñais: traslado ás concellerías das peticións veciñais, e seguemento do expediente ata a súa finalización.
- Queixas e suxerencias: relacionado con todo o que teña que ver cos servizos municipais.
Dende a súa apertura en 2008, percíbese a seguinte evolución do nivel de usuarios:
- 2008: 5.252
- 2009: 10.315
- 2010: 11.016
- 2011: 13.487
- 1º Trimestre 2012: 4.131 (2.653 no mesmo período do ano 2011)
