Concello de Ourense

Castellano
  • Inicio

Novas

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello atendeu máis de 5.000 consultas en materia de consumo durante o ano 2011

27/04/2012



» Axuda

A concelleira de Benestar Social, Saúde e Consumo, Marga Martín, presidiu esta mañá, no Centro Cívico da Ponte, a xuntanza do Consello Sectorial de Consumo do Concello de Ourense, órgano formado por representantes dos catro grupos políticos municipais, Cámara de Comercio, asociacións de consumidores, sindicatos, asociacións de veciños, Confederación de Empresarios e asociacións de amas de casa e consumidores, para facer balance dos servicios que a Oficina Municipal de Atención ó consumidor presta ós cidadáns.

O Consello Sectorial de Consumo é un órgano consultivo de asesoramento ao Concello e de participación e colaboración en materia de consumo e defensa do consumidor. Na xuntanza desta mañá, presentouse a memoria de actividade da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello de Ourense durante o ano 2011.

Das 5.193 (200 más que no ano anterior) consultas atendidas polos servizos municipais ( 2.372, telefónicas, 2.797 persoalmente e 24 por email) a meirande parte das consultas responde ós trámites de reclamacións e denuncias (628 consultas) ou mediacións (569) que se completan con solicitudes de arbitraxe e queixas remitidas ó Instituto Galego de Consumo.

Do volume total, a maioría das reclamacións se refiren a produtos e servizos relacionados coa telefonía móbil e internet por fraudes na prestación do servizo ou denegación e demoras nas portabilidades, compañía de gas polas facturacións abusivas, cobro por produtos e servizos non solicitados en materia de banca, contratación de seguros e publicidade enganosa por omisión de datos relevantes, vendas a distancia no incumprimento da lei de garantías ou indemnizacións por cancelación de viaxes.

Segundo informaron ó Consello os técnicos municipais, produciuse un incremento significativo no número de mediacións resoltas de modo satisfactorio, pasando de 156 a 293. Os sectores que experimentan unha maior suba son o gas, que dobrou as reclamacións, a banca e a telefonía que aumenta tanto as consultas como as reclamacións.

O maior descenso prodúcese nas reparacións de electrodomésticos e nos artigos de xoiería, internet, comercio electrónico e transporte aéreo. Estas variacións responden a oscilación no consumo de determinados productos e servicios, derivados da actual situación económica.

Os representantes da OMIC informaron tamén o Consello de Consumo das actividades e campañas divulgativas e informativas que se celebran durante todo o ano. Ademáis das campañas divulgativas e informativas dirixidas ós alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria.

Balance 2011

No 2011 leváronse a cabo 65 actividades diferentes con máis de de 4.000 participantes (4.096), dirixidas a todos os públicos: obradoiros, teatro e contacontos para os rapaces de Infantil e Primaria, uso responsable do tempo de lecer para os alumnos de Secundaria, campañas informativas nas Asociacións de Veciños e de concienciación sobre os servicios da Oficina do Consumidor e consellos para os consumidores ou a celebración do Día do Consumidor (o pasado 15 de marzo), no que se levou a cabo a representación teatral "A procura da Alaia" á que asistiron 21 centros de ensino da cidade.

Dende a OMIC preténdese achegar ós cidadáns os servicios dos que dispoñen e ofréceselles consello e mediación en temas legais relacionados co consumo, sendo o obxectivo prioritario a protección e asesoramento do consumidor.

Utilidades
  • Imprimir

CONCELLO

CIDADE

TRÁMITES

AXENDA

DIRECTORIO

Menú Principal

  • CONCELLO
  • CIDADE
  • TRÁMITES
  • AXENDA
  • DIRECTORIO

MAPA WEB

CONCELLO
  • Actividades do Pleno
  • Atención ao cidadán
  • Calendario Fiscal
  • Carpeta Cidadá
  • Corporación Municipal
  • Delegacións Municipais
  • Emprego municipal
  • Información económica
  • Normativa
  • Organización e patrimonio
  • Perfil do Contratante
  • Premios e concursos
  • Proxectos estratéxicos
  • Transparencia municipal
  • Tribunal económico-administrativo
  • Xuntas de Área
CIDADE
  • Benestar Social
  • Comercio e Industria
  • Cultura
  • Deportes
  • Educación
  • Emprego e promoción económica
  • Igualdade
  • Infraestruturas
  • Limpeza e Transportes
  • Medio Ambiente
  • Participación Cidadá
  • Saúde
  • Termalismo
  • Urbanismo
  • Voluntariado
  • Xuventude
TRÁMITES
  • Buscador de trámites
  • Trámites on-line
  • Impresos
AXENDA
  • Actos para hoxe
  • Actos en 7 días
  • Actos nun mes
  • Busca Avanzada
  • Calendario de Festivos
  • Auditorio
  • Ociourense
DIRECTORIO
  • Municipal
  • Emerxencias
  • Transportes
TURISMO

 © Concello de Ourense| Praza Maior nº1 | 32005 Ourense | Tel: 988 388 100

  • Contacto
  • Preguntas Frecuentes
  • Nota legal
  • Accesibilidade

Este portal de internet foi financiado pola iniciativa comunitaria URBAN II

  • ¡CSS Válido!
  • Valid XHTML 1.0 Strict
  • AA