Novas
O Concello de Ourense clausura os obradoiros "Aula da Natureza" e "Apoio socioeducativo en centros escolares" nos que participaron 90 alumnos de Educación Primaria
24/05/2012O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, acompañado da concelleira de Benestar Social, Marga Martín, e da concelleira de Educación, Ana Garrido, acudiron esta mañá, ó CEIP Mariñamansa, ó acto de clausura dos cursos que o Concello de Ourense organiza a prol da inclusión das minorías étnicas e da prevención da marxinación infantil e xuvenil nos centros de ensino.
A Concellería de Benestar Social impulsa ó longo de todo o ano, cursos e actividades dirixidas a fomentar e mellorar a inclusión social das minorías étnicas e a promoción da igualdade na poboación infantil e xuvenil, actividades nas que colabora coa Concellería de Educación.
No marco do programa de Minorías étnicas, que proporciona información e asesoramento a colectivos susceptibles de ser víctimas de exclusión social, organízanse actividades para fomentala inclusión coma os obradoiros de costura ou os cursos de alfabetización e aptitudes sociais, dirixidos á comunidade xitana da cidade de Ourense.
O CEIP Mariñamansa acolleu este ano o obradoiro "Aula da Natureza" que se enmarca no Programa de Minorías Étnicas do Concello e co que se busca reforzar actitudes e comportamentos responsables, mellorar outros como a cooperación no reparto de tarefas ou a resolución de conflictos e aumentar a capacidade de planificación dos cativos e un maior respeto pola multiculturalidade, a natureza e o medioambiente.
O obradoiro desenvólvese durante o curso académico en horario extraescolar, de luns a xoves 1h. e media diaria e está impartido por monitores especializados, que a través dunha metodoloxía lúdica e participativa complementan a formación académica dos rapaces. Mediante actividades dinámicas, prácticas e motivadoras, poñen en práctica os coñecementos teóricos que adquiren nas aulas, reforzando os contidos académicos.
Os coñecementos teóricos sobre os seres vivos, o ciclo das estacións, o solo e a súa composición, o clima, os recursos naturais ou a alimentación e hábitos saudables, son levados á práctica nas instalacións do centro como a horta ou os espacios verdes ou ben a través de dinámicas grupais e traballos en equipos.
Os alumnos que participan no programa tamén realizan visitas formativas ou reciben conferencias de profesionais especializados, como os de explotacións hortícolas, para amosarlles como se poñen os seus coñecementos a disposición das grandes explotacións. Así mesmo recibiron formación básica en temas de actualidade e relevancia social, como a prevención de incendios ou medidas para aforrar auga.
O obradoiro desenvólvese no CEIP Mariñamansa, porque é neste centro no que conflúen as circunstancias que xustifican a realización da actividade. Por un lado, o número de alumnos e alumnas de minoría étnicas e diferentes nacionalidades posúe unha natureza significativa, por outro, o centro conta coas infraestructuras necesarias para o desenvolvemento da actividade.
O mesmo acto puxo punto e final ó curso de "Apoio socioeducativo en centros escolares" que se inscribe no programa de prevención da marxinación infantil e xuvenil da Concellería de Benestar Social, que se levou a cabo neste curso académico, nos CEIP Irmáns Vilar, Prácticas e Mariñamansa, e no que participaron un total de 63 alumnos e alumnas dos 3 ciclos de Educación Primaria.
Coa actividade, o Concello axuda a aquelas familias que, pola súa escaseza de recursos económicos ou sociais non poden prestar os seus fillos o apoio escolar necesario para que os menores sexan capaces de seguir axeitadamente o proceso de ensinanza ¿ aprendizaxe.
Dende o Concello póñense en marcha iniciativas dirixidas a mellorar a cualificación dos menores, para garantir que rematen a Educación Primaria cun nivel curricular axeitado para acceder con garantías á Educación Secundaria, inculcando ós nenos e nenas, bós hábitos de estudio e interese polas tarefas escolares, confianza no sistema educativo, independentemente da súa condición socioeconómica, no compromiso do Concello con aqueles que teñen dificultades para proseguir os seus estudos polas condicións sociofamiliares e culturais do seu fogar, tratando de solventar situacións de desvantaxe social.
O alcalde de Ourense, animou ós nenos e nenas a esforzarse nos seus estudios como clave e ¿recurso imprescindible para o seu futuro, futuro no que debemos fomentar entornos multiculturais, nos que non exista, nin dentro nin fora da escola, discriminación por razón de ideoloxía, sexo, raza ou relixión¿.
