Concello de Ourense

Castellano
  • Inicio

Novas

As piscinas do complexo polideportivo de Oira abren ao público despois da súa reforma

31/05/2012



» Axuda

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, a concelleira de Cultura e tenente de alcalde Isabel Pérez, e o concelleiro de Deportes, Fernando Varela, visitaron esta mañá as piscinas do complexo polideportivo de Oira, que abrirán as súas portas o público en xeral o vindeiro 2 de xuño.

Logo dun amplo proxecto de transformación e reforma, as instalacións de Oira, reconvírtense nun recinto deportivo que amplía os seus servizos e mellora a calidade das súas instalacións. A zona de baño abrirá este sábado, 2 de xuño, ó público xeral, reconvertida nun recinto de ocio, con dous vasos para o baño, vestiarios, zona de descanso e solarium e servicios de hostelería.

A apertura da zona de baño ao público implicou tareefas de acondicionamente de todo o controno da zona e ao repintado da sinalización horizontal, no que se inclúen a mellora na sinaléctica de 5 pasos de peóns, as paradas de autobús próximas ó complexo, as liñas de separación dos carrís e as frechas de dirección, así como a zona de estacionamento para persoas con mobilidade reducida e motos. A actuación complétase coa reposición de dúas sinais verticais indicativas de pasos de peóns.

O novo complexo deportivo, supón unha aposta pola rendabilización dun espazo ¿que sufrira durante moios anos un continuo abandono. A diversificación de servizos e ampliación do periodo de funcionamento, aberto ao longo de todo o ano. O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, insistiu na importancia de "pór a disposición dos ourensáns a posibilidade de practicar deporte nun entorno axeitado e de calidade para fomentar a práctica deportiva".

Esta vontade de facilitar o acceso á práctica deportiva ten sido constante na xestión do Goberno Municipal na xestión da área de deportes e foise concretando na posta en marcha de novas infraestructuras deportivas, desenvolvendo novos espacios ou mellorando os existentes: novo polideportivo de Oira, piscina e pistas exteriores dos Remedios, campo de fútbol de Santa Cruz de Arrabaldo, entre outras.

Apertura das piscinas públicas de Oira e exterior dos Remedios

Desde o  luns día 4 de xuño, reábrense as piscinas gratuítas de Oira, que funcionarán de 11 a 21 horas. Estas piscinas póderanse disfrutar de balde desde ese día ata mediados de setembro, en función da climatoloxía. A piscina exterior do Pavillón dos Remedios abrirá tamén na mesma data (4 de xuño), con horario de 11 a 21 horas, de luns a sábados.

Durante o mes de xullo e agosto, os domingos e festivos estará pechada, e no mes de xuño e setembro abrirá de 10 ás 13.45 horas. Esta instalación está reservada a abonados do Consello Municipal de Deportes.

Utilidades
  • Imprimir

CONCELLO

CIDADE

TRÁMITES

AXENDA

DIRECTORIO

Menú Principal

  • CONCELLO
  • CIDADE
  • TRÁMITES
  • AXENDA
  • DIRECTORIO

MAPA WEB

CONCELLO
  • Actividades do Pleno
  • Atención ao cidadán
  • Calendario Fiscal
  • Carpeta Cidadá
  • Corporación Municipal
  • Delegacións Municipais
  • Emprego municipal
  • Información económica
  • Normativa
  • Organización e patrimonio
  • Perfil do Contratante
  • Premios e concursos
  • Proxectos estratéxicos
  • Transparencia municipal
  • Tribunal económico-administrativo
  • Xuntas de Área
CIDADE
  • Benestar Social
  • Comercio e Industria
  • Cultura
  • Deportes
  • Educación
  • Emprego e promoción económica
  • Igualdade
  • Infraestruturas
  • Limpeza e Transportes
  • Medio Ambiente
  • Participación Cidadá
  • Saúde
  • Termalismo
  • Urbanismo
  • Voluntariado
  • Xuventude
TRÁMITES
  • Buscador de trámites
  • Trámites on-line
  • Impresos
AXENDA
  • Actos para hoxe
  • Actos en 7 días
  • Actos nun mes
  • Busca Avanzada
  • Calendario de Festivos
  • Auditorio
  • Ociourense
DIRECTORIO
  • Municipal
  • Emerxencias
  • Transportes
TURISMO

 © Concello de Ourense| Praza Maior nº1 | 32005 Ourense | Tel: 988 388 100

  • Contacto
  • Preguntas Frecuentes
  • Nota legal
  • Accesibilidade

Este portal de internet foi financiado pola iniciativa comunitaria URBAN II

  • ¡CSS Válido!
  • Valid XHTML 1.0 Strict
  • AA