Concello de Ourense

Castellano
Festas de Ourense 2013
  • Inicio

Novas

O Concello lanza un ambicioso plan de renovación informática, simplificación administrativa e Internet Wifi para Ourense

19/01/2008



» Axuda

Informatizar e simplificar todos os procesos administrativos do Concello, achegar a tódolos ourensáns as vantaxes da administración electrónica e crear unha rede Wifi na cidade que permita a prestación de novos servicios como teleasistencia e actividades culturais son os obxectivos do "Plan Municipal de Desenvolvemento da Sociedade da Información", que o Concello de Ourense ven de botar a andar esta semana, co obxectivo de promover unha revolución tecnolóxica na administración local e na sociedade ourensá durante os próximos catro anos. Iniciado polas concellerías de Economía e Facenda e a de Servicios Xerais e Recursos Humanos, contará coa colaboración da Escola Superior de Informática do Campus de Ourense.

Pese á globalización dos avances informáticos acontecida na última década, o Concello de Ourense non aproveitou eses anos para introducir a administación electrónica e a sociedade da información en Ourense. Así, duas capitais galegas téñense adiantado a Ourense en número de fogares con acceso a Internet (A Coruña 36%, e Pontevedra co 24%, fronte ó 19% de Ourense) e mesmo algúns municipios rurais teñen tomado a dianteira na instalación de redes sen fíos, Wifi, coma no caso da Estrada.

Esto alonxa á cidade de disfrutar dos beneficios económicos asociados á sociedade da información, hoxe universalmente coñecidos, coma a productividade, innovación, crecemento económico e creación de novos nichos de emprego. A denominada "fenda dixital" aparece hoxendía coma un dos principais lastres de crecemento da economía ourensá, co mencionado 19% de fogares con ordenador e acceso a Internet, fronte á media española do 41%.

Asimesmo, o nulo interese de anteriores corporacións pola informatización do Concello e a aplicación da administración electrónica provocan unha forte ralentización dos procesos administrativos municipais.

Para invertir esta situación, o Concello ven de encargar esta semana os proxectos que materializarán o "Plan Municipal de Desenvolvemento da Sociedade da Información", que comprenderá todo o Concello con carácter estratéxico e plurianual.

Compoñentes

As fases do Plan Municipal de Desenvolvemento da Sociedade da Información están deseñadas para potenciar "profundas transformacións na administración municipal ourensá", e para elo escomezará coa implantación da administración electrónica, gracias ó Sistema Integrado de Xestión Municipal (SIGEM), un moderno xestor informátivo desenvolvido polo Ministerio de Industria e Turismo, que permite ós cidadáns interactuar electrónicamente coa administración.

Así, unha vez se complete a implantación do SIGEM no Concello de Ourense, os cidadáns contarán con formularios electrónicos, firma electrónica, notificacións telemáticas e, o máis novidoso, a posibilidade de coñecer o estado de tramitación dos seus expedientes en tempo real.

Igualmente, os ourensáns poderán solicitar telemáticamente subvencións, axudas e licencias, realizar pagos, recibir noticias do estado da súa petición, información sobre a falta de algún documento e, finalmente, disfrutar das vantaxes da cooperación entre distintas administracións, ó eliminar incómodas duplicidades como a petición de certificados entre organismos.

A implantación do SIGEM irá precedida dunha ampla campaña de sensibilización entre todos os cidadáns de Ourense e os funcionarios do Concello, que será seguida duns completos cursos de formación e divulgación do funcionamento do programa e da administración electrónica.

Asimesmo, o Plan contempla a renovación material (hardware) necesaria para dotar ó Concello e ós cidadáns do soporte técnico necesario para salvar a fenda dixital existente, e crear tres niveis de servicios:

-Servicios Transaccionais de carácter bidireccional, para que os cidadáns poidan facer pagos, trámites e recibir avisos de xeito seguro e totalmente confidencial.

-Servicios personalizados, mediante un sistema de comunicación directa entre o cidadán e a administración.

-Servicios de información sobre contidos relacionados coa información municipal e a actualidade municipal

Reinxenería de procesos administrativos

Unha das consencuencias positivas máis inmediatas do Plan Municipal de Desenvolvemento da Sociedade da Información será a "reinxenería de procesos administrativos", o que suporá unha revolución no actual funcionamento do Concello.

Neste apartado se incluen, baixo os principios de eficacia, eficiencia e transparencia, a simplificación e racionalización dos procesos e solicitudes máis frecuentes, como os certificados, inscripcións e o pago de impostos, eliminando trámites por duplicado e acortando os prazos, na maioría dos casos ata reducilos a tempo real.

Wifi e teleasistencia

Finalmente, o Plan contempla a extensión dunha rede na Wifi cidade necesaria para o deseño e a implantación de servicios, aplicacións e usos sociais, asistenciais coidado e vixiancia de maiores ou nenos- culturais retransmisión de eventos- ou mesmo Protección Civil.

Gracias á cobertura Wifi desenvolveranse programas de asistencia a maiores ou persoas con mobilidade reducida ou con discapacidade, o que permite que permanezan no seu fogar persoas vulnerables, que non precisen de coidados permanentes e garantindo un enlace de comunicación continuo co domicilio e a atención inmediata en caso de emerxencia.

O Plan Municipal de Desenvolvemento da Sociedade da Información tamén contempla o programa "Concello de Ourense Accesible", para garantir o acceso universal á información municipal sobre o estado dos expedientes, incluso a traverso de SMS, para recibir nos seus teléfonos información de interese sobre eventos, noticias, oposicións ou concursos.

Asimesmo, se creará unha Plataforma para Asistencia a Concursos e Licitacións, que facilite ás empresas os procedementos para contratacións e licitacións públicas, con garantías de interoperatividade, seguridade nas transaccións, transparencia e publicidade.

Utilidades
  • Imprimir

CONCELLO

CIDADE

TRÁMITES

AXENDA

DIRECTORIO

Menú Principal

  • CONCELLO
  • CIDADE
  • TRÁMITES
  • AXENDA
  • DIRECTORIO

MAPA WEB

CONCELLO
  • Actividades do Pleno
  • Atención ao cidadán
  • Calendario Fiscal
  • Carpeta Cidadá
  • Corporación Municipal
  • Delegacións Municipais
  • Emprego municipal
  • Información económica
  • Normativa
  • Organización e patrimonio
  • Perfil do Contratante
  • Premios e concursos
  • Proxectos estratéxicos
  • Transparencia municipal
  • Tribunal económico-administrativo
  • Xuntas de Área
CIDADE
  • Benestar Social
  • Comercio e Industria
  • Cultura
  • Deportes
  • Educación
  • Emprego e promoción económica
  • Igualdade
  • Infraestruturas
  • Limpeza e Transportes
  • Medio Ambiente
  • Participación Cidadá
  • Saúde
  • Termalismo
  • Urbanismo
  • Voluntariado
  • Xuventude
TRÁMITES
  • Buscador de trámites
  • Trámites on-line
  • Impresos
AXENDA
  • Actos para hoxe
  • Actos en 7 días
  • Actos nun mes
  • Busca Avanzada
  • Calendario de Festivos
  • Auditorio
  • Ociourense
DIRECTORIO
  • Municipal
  • Emerxencias
  • Transportes
TURISMO

 © Concello de Ourense| Praza Maior nº1 | 32005 Ourense | Tel: 988 388 100

  • Contacto
  • Preguntas Frecuentes
  • Nota legal
  • Accesibilidade

Este portal de internet foi financiado pola iniciativa comunitaria URBAN II

  • ¡CSS Válido!
  • Valid XHTML 1.0 Strict
  • AA