Novas
O Concello organiza a I Semana adicada ós maiores, cun amplo programa de actividades de animación, culturais, formativas e de ocio
23/05/2008A Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense organiza a I Semana adicada ós maiores, que se desenvolverá do día 26 ó 30 de maio.
Os nosos maiores están a amosar un crecente interese por aproveita-lo seu tempo libre como oportunidade de esparcimento, o que lles permite iniciarse nun novo período de desenvolvemento persoal. Por isto, a Concellería de Benestar Social quere ofrecerlles unha semana chea de actividades de animación, culturais, formativas e de ocio que contribúan a elo, e veñan potenciar o desenvolvemento persoal ó tempo que sirvan para que as persoas poidan expresarse e comunicarse cada vez máis cos seus semellantes e co seu entorno.
Tódolos interesados poden recibir máis información na Concellería de Benestar Social, na rúa Bispo Carrascosa, número 14, teléfono 988 388137. Tódalas actividades son gratuítas, agás a comida, que ten un custe de 9 euros. Neste caso, os interesados en participar deberán retirar a súa entrada na Concellería antes do día 27 de maio.
Para participar na visita ó balneario ou asistir ó teatro, os interesados deberán achegarse á Concellería e retirar as invitacións correspondentes.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
LUNS DIA 26 DE MAIO:
11.00h: Charla médica a cargo de Marisol López Reyes, no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Tema: "Alimentación e saúde na idade avanzada".
17.00h: Visita ó balneario de Laias (Prazas limitadas). Recollida de invitacións nas Oficinas dos Servizos Sociais. Saída do Pavillón dos Remedios ás 16.30h (é necesario presentarse as 16:00 no Pavillón coa correspondente invitación)
MARTES DIA 27 DE MAIO:
11.00h: Mesa Redonda-debate, no Centro Cultural da Deputación. Invitados:
- David Llorente Rey , Subxefe da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense. Tema: "O maior e a mobilidade".
- Lucía Serantes Lorenzo, Delegada da Fundación RACC en Galicia y Asturias. Tema: "Atención, todos somos peóns".
- Maximo Cid Ferro , Delegado de P(A)T Galicia. Tema: "Experiencias municipais en materia de Educación Vial"
Presenta e modera: Recaredo Paz Prieto, Presidente de Aixiña Ourense.
20.00h: Representación da obra teatral "Aturuxo en gotas" polo grupo ATURUXO, no Teatro Principal. Recollida de invitacións nas oficinas dos Servizos Sociais.
MÉRCORES DIA 28 DE MAIO:
11.00h: Visita guiada polo casco antigo da cidade. Lugar de saida: As Burgas
20.00h: Representación da obra teatral "Aturuxo en gotas" polo grupo ATURUXO, no Teatro Principal. Recollida de invitacións nas oficinas dos Servizos Sociais.
XOVES DIA 29 DE MAIO:
11.00h: Charla- conferencia no Centro Cultural da Deputación Invitado: Ignacio Rafael Ramos (bombeiro). Tema: "Autoprotección no fogar: para un fogar máis seguro"
Dende as 18.30h ata as 21.30h: Baile no salón do Restaurante Xesteira amenizado polo duo "Marfil". Entrada libre e gratuita.
VENRES DIA 30 DE MAIO:
11H: "Representación dun Pleno Municipal polos nosos maiores", no Salón de Plenos do Concello de Ourense.
14.30h: Comida no Restaurante Xesteira. As persoas maiores que queiran asistir deberán aboar e retira-la súa entrada nas oficinas dos Servizos Sociais. (Prezo 9€ ).
16.30h: Actuación de QUEIXUME DOS PINOS no Restaurante Xesteira. Espectáculo de música e canto, pandeiretada e música tradicional.
19.00h: Homenaxe as persoas centenarias da cidade de Ourense no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo. A asistencia a esta actividade estará aberta a todas aquelas persoas que desexen asistir.
