Concello de Ourense

Castellano
Festas de Ourense 2013
  • Inicio

Novas

O Concello e a Consellería de Medio Ambiente destinarán 6,1 millóns de euros á ampliación e mellora do abastecemento e saneamento nos núcleos rurais de Ourense

24/02/2009



» Axuda

O Concello de Ourense e a Xunta de Galicia destinarán un investimento de 6,1 millóns de euros á ampliación e mellora das redes de abastecemento e saneamento no perímetro rural da cidade. A Xunta de Goberno Local aprobou na súa última sesión o convenio de colaboración entre o Concello, a Consellería de Medio Ambiente e a Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos que permitirá executar as obras, das que se beneficiarán un total de 27 localidades do perímetro rural de Ourense.

O desenvolvemento deste convenio suporá, segundo o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, "unha importantísima inxección económica que vai redundar directamente en mellorar as condicións de vida dos veciños que residen no perímetro rural", que se enmarca dentro do "gran esforzo inversor que está a realizar o Concello en políticas de infraestructuras básicas para superar as carencias herdadas das políticas de maquillaxe do anterior goberno do PP".

O convenio prevé a execución das seguintes obras de infraestructuras hidráulicas:

Proxecto Investimento Rede de saneamento a Palmés e outros. Naves e Camponovo. 537.467,43

Rede de saneamento a Palmés e outros. Conchada, Pereiro, Pradobo, O Burgo e Saceda. 607.825,47

Mellora de saneamento e depuración de augas residuais en Velle 1.672.205,00

Prolongacións de saneamento e abastecemento O Ceboliño, Cabeanca, Montoscos, Sartedigos, Os Viros e Os Visos 214.089,52

Proxecto de rede de abastecemento e saneamento en Seixalbo. 352.792,10

Rede de saneamento e abastecemento en Lodeiros e Bouza 690.000,00

Saneamento en Cavelos. Santa Cruz 100.000,00

Saneamento e abastecemento no pobo de Erbedelo. Vista Hermosa 250.000,00

Saneamento en Garduñeira. 120.000,00

Saneamento en Santa Cruz. Zona campo de futbol 95.000,00

Rede de saneamento e nova fosa en encoro de Castadón 510.000,00

Saneamento e abastecemento en Zaín, Carretera de Rairo. 230.000,00

Abastecemento en os Fechos, en Santa Cruz. 420.000,00

Renovación fosa en Santa Mariña e A Granxa 190.000,00

Renovación de fosa séptica en Untes. 113.499,05

TOTAL 6.102.878,57

A Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos financiará íntegramente as obras, que se executarán en dúas anualidades: 2009 e 2010. Tamén se encargará de contratar os traballos e dirixir a súa execución.

Pola súa banda, o Concello de Ourense redactará os proxectos técnicos, que xa están elaborados na súa práctica totalidade. Tamén porá a disposición da administración autonómica os terreos necesarios para a súa execución e asumirá, unha vez rematadas as obras, a súa explotación, mantemento e conservación.

Solventar a falta de infraestructuras básicas no perímetro rural

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, avanza que este convenio "nos vai permitir dar un importante paso adiante nun dos principais retos que ten marcados este goberno municipal, como é dotar dunha maior calidade de vida a tódolos veciños da cidade, e solventar a falta de infraestructuras básicas que sufren os veciños que residen no perímetro rural".

Neste caso, dotándoos dun servicio fundamental "do que ata agora carecían como é un bo abastecemento e saneamento que garantan un suministro de calidade e unha recollida e tratamento axeitado das augas en todo o municipio". Neste senso, sinala o alcalde "dende o goberno municipal estamos a facer un importantísimo esforzo en políticas de infraestructuras básicas para superar as carencias herdadas das políticas de maquillaxe do anterior goberno do PP. Non é normal que a día de hoxe exista esta falta de servicios tan importantes como os de abastecemento e saneamento. Con este convenio subsanaremos estas carencias a través dunha serie de proxectos que estarán executados e rematados entre este ano e o próximo".

O alcalde salienta tamén que a execución destas obras "suporá un importante apoio ás empresas do sector da construcción nun momento delicado como o actual, contribuindo así a dinamizar a actividade económica e o emprego en Ourense".

Utilidades
  • Imprimir

CONCELLO

CIDADE

TRÁMITES

AXENDA

DIRECTORIO

Menú Principal

  • CONCELLO
  • CIDADE
  • TRÁMITES
  • AXENDA
  • DIRECTORIO

MAPA WEB

CONCELLO
  • Actividades do Pleno
  • Atención ao cidadán
  • Calendario Fiscal
  • Carpeta Cidadá
  • Corporación Municipal
  • Delegacións Municipais
  • Emprego municipal
  • Información económica
  • Normativa
  • Organización e patrimonio
  • Perfil do Contratante
  • Premios e concursos
  • Proxectos estratéxicos
  • Transparencia municipal
  • Tribunal económico-administrativo
  • Xuntas de Área
CIDADE
  • Benestar Social
  • Comercio e Industria
  • Cultura
  • Deportes
  • Educación
  • Emprego e promoción económica
  • Igualdade
  • Infraestruturas
  • Limpeza e Transportes
  • Medio Ambiente
  • Participación Cidadá
  • Saúde
  • Termalismo
  • Urbanismo
  • Voluntariado
  • Xuventude
TRÁMITES
  • Buscador de trámites
  • Trámites on-line
  • Impresos
AXENDA
  • Actos para hoxe
  • Actos en 7 días
  • Actos nun mes
  • Busca Avanzada
  • Calendario de Festivos
  • Auditorio
  • Ociourense
DIRECTORIO
  • Municipal
  • Emerxencias
  • Transportes
TURISMO

 © Concello de Ourense| Praza Maior nº1 | 32005 Ourense | Tel: 988 388 100

  • Contacto
  • Preguntas Frecuentes
  • Nota legal
  • Accesibilidade

Este portal de internet foi financiado pola iniciativa comunitaria URBAN II

  • ¡CSS Válido!
  • Valid XHTML 1.0 Strict
  • AA