Concello de Ourense

Castellano
Banner Ourense seculo XXI
  • Inicio

Novas

Ourense terá a súa primeira residencia para persoas maiores de iniciativa pública, que facilitará 200 prazas e contará cun Centro de día

02/12/2009

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, a concelleira de Benestar Social, Marga Martín, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, visitaron esta mañá as obras de construcción da nova residencia para persoas maiores de Barrocás, que realiza SOGASERSO coa colaboración do Concello, que facilitou os terreos necesarios para a súa construcción. As obras supoñen un investimento de 6 millóns de euros.

Será a primeira residencia para persoas maiores de iniciativa pública no Concello de Ourense, e facilitará atención a 200 persoas maiores: ofertando un total de 150 prazas para maiores residentes, e un centro de día que dará servicio a outras 50 persoas.

O centro virá supoñer un importante reforzo á atención ás persoas maiores da cidade, especialmente dirixida a aqueles dependentes que non poden permanecer nos seus domicilios, que non terán que desprazarse a centros situados noutros municipios para recibir a atención que precisan.

Tamén suporá un aumento na oferta de servicios públicos para as persoas maiores en Ourense, que se engade á aposta realizada polo Concello polo seu reforzo, con iniciativas como os servicios que presta a Concellería de Benestar Social ós maiores que residen nos seus propios fogares, como son os de Axuda a Domicilio, Comedor sobre Rodas, Farmacia e Lavandería no Fogar.

As obras realízanse nunha parcela de 12.000 metros cadrados facilitada polo Concello, que realizou as xestións urbanísticas precisas para a súa obtención, que incluiu unha modificación do Plan de Urbanismo para facer posible a cesión dos terreos a SOGASERSO.

Utilidades
  • Imprimir

CONCELLO

CIDADE

TRÁMITES

AXENDA

DIRECTORIO

Menú Principal

  • CONCELLO
  • CIDADE
  • TRÁMITES
  • AXENDA
  • DIRECTORIO

MAPA WEB

CONCELLO
  • Actividades do Pleno
  • Atención ao cidadán
  • Calendario Fiscal
  • Carpeta Cidadá
  • Corporación Municipal
  • Delegacións Municipais
  • Emprego municipal
  • Información económica
  • Normativa
  • Perfil do Contratante
  • Premios e concursos
  • Proxectos estratéxicos
  • Subvencións 2010
  • Xuntas de Área
CIDADE
  • Benestar Social
  • Comercio e Industria
  • Cultura
  • Deportes
  • Educación
  • Emprego e promoción económica
  • Igualdade
  • Medio Ambiente
  • Participación Cidadá
  • Sanidade
  • Termalismo
  • Urbanismo
  • Xuventude e Voluntariado
TRÁMITES
  • Buscador de trámites
  • Trámites on-line
  • Impresos
AXENDA
  • Actos para hoxe
  • Actos en 7 días
  • Actos nun mes
  • Búsqueda Avanzada
  • Calendario de Festivos
  • Auditorio
DIRECTORIO
  • Municipal
  • Emerxencias
  • Transportes
TURISMO

 © Concello de Ourense| Praza Maior nº1 | 32005 Ourense | Tel: 988 388 100

  • Contacto
  • Preguntas Frecuentes
  • Nota legal
  • Accesibilidade

Este portal de internet foi financiado pola iniciativa comunitaria URBAN II

  • ¡CSS Válido!
  • Valid XHTML 1.0 Strict
  • AA