Novas
Os barrios verán reforzado o coidado das zonas verdes coas melloras de mantemento e conservación
20/01/2010O Concello de Ourense, no seu obxectivo de priorizar a atención ós barrios, ven de aprobar a adxudicación definitiva na Xunta de Goberno Local, o contrato do servicio de contratación, mantemento e mellora de zonas verdes de titularidade do Concello de Ourense.
Trala avaliación das propostas presentadas a concurso, no que se valoraron a memoria técnica, medios humanos e medios técnicos a partes iguais, a Mesa de Contratación decidiu adxudicar o contrato por un total de 675.033,61 euros. A zona de O Couto e A Carballeira e a zona de A Cuña e Casco Vello foron adxudicadas a Medio Ambiente Dalmau, S.L., por 189.433,49 euros e 203.133,48 euros, respectivamente.
Pola súa banda, a zona de A Ponte foi adxudicada provisionalmente a CESPA, S.A., por 282.466,64 euros. O labor das empresas adxudicatarias na execución do contrato será a conservación, mellora e mantemento de xardíns e espacios verdes, céspedes e cubertas vexetais, arbolado, arbustos e palmeiras, xardiñeiras, zonas terrizas e pavimentadas e limpeza das zonas verdes.
Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, o novo contrato "suporá unha mellora dos recursos materiais e recursos humanos", coa novidade de brigadas especiais que "prestarán atención permantente durante todo o ano, e unha atención máis eficiente nas zonas verdes barrios".
