Concello de Ourense

Castellano
Festas de Ourense 2013
  • Inicio

Novas

O Concello de Ourense reforza o programa de cursos e obradoiros de ocio activo para as persoas maiores, que chega este ano ós 869 participantes

20/10/2010



» Axuda

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social, Marga Martín inauguraron no Auditorio o programa de cursos e obradoiros de ocio activo para as persoas maiores que organiza o Concello para o curso 2010/2011. O programa reforza este ano a súa oferta de actividades, cun total de 18 propostas lúdicas e formativas diferentes, aumenta a 869 o número total de participantes (115 máis que no curso pasado), e incorpora a 258 alumnos que por primeira vez participarán neste programa de tempo de lecer para os maiores de 60 anos residentes na cidade.

O programa dá continuidade ós cursos desenvoltos en exercicios anteriores, con propostas en materia de manualidades, informática, estimulación da memoria, risoterapia, ou exercicio saudable, entre outros. Tamén incorpora novas propostas, como o cachibol, con 36 prazas, e reforza os cursos de Tai Chi, que duplica o número de prazas (50), e Informática (con 6 grupos máis) para dar resposta á alta demanda de participantes.

Ó acto de presentación, que tivo lugar no Auditorio Municipal, asistiron os alumnos que participan no programa, que engloba as seguintes propostas:

- Iniciación á informática: 5 grupos, con 70 prazas en total

- Informática- nivel perfeccionamento: 4 grupos, con 56 prazas

- Informática- nivel avanzado: 2 grupos, con 28 prazas

- Pintura: 3 grupos, con 48 prazas

- Manualidades: 2 grupos, con 70 prazas

- Música: 1 grupo, 50 prazas

- Teatro: 1 grupo, 25 prazas

- Curso de Actividade física e memoria: 1 grupo, 30 prazas

- Risoterapia: 1 grupo, 35 prazas

- Estimulación da memoria: 4 grupos, 100 prazas

- Animación á lectura: 1 grupo, 30 prazas

- Habilidades Sociais: 1 grupo, 30 prazas

- Tai-chi: 2 grupos, 50 prazas

- Pilates: 2 grupos, 36 prazas

- Ximnasia: 3 grupos, 75 prazas

- Natación- nivel iniciación: 2 grupos, 50 prazas

- Natación- nivel perfeccionamento: 2 grupos, 50 prazas

- Cachibol (novidade este ano): 2 grupos, 36 prazas

Os cursos están dirixidos a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Ourense, que teñen a posibilidade de participar nun ou máis cursos, cun máximo de 5 por persoa. Na convocatoria 2010/2011 cubríronse a totalidade de prazas ofertadas: 869 (115 máis ca no pasado curso 2009/2010), cun total de 39 grupos. O número total de persoas diferentes que participan nos cursos é de 578, dos que 258 farano por primeira vez neste curso.

Utilidades
  • Imprimir

CONCELLO

CIDADE

TRÁMITES

AXENDA

DIRECTORIO

Menú Principal

  • CONCELLO
  • CIDADE
  • TRÁMITES
  • AXENDA
  • DIRECTORIO

MAPA WEB

CONCELLO
  • Actividades do Pleno
  • Atención ao cidadán
  • Calendario Fiscal
  • Carpeta Cidadá
  • Corporación Municipal
  • Delegacións Municipais
  • Emprego municipal
  • Información económica
  • Normativa
  • Organización e patrimonio
  • Perfil do Contratante
  • Premios e concursos
  • Proxectos estratéxicos
  • Transparencia municipal
  • Tribunal económico-administrativo
  • Xuntas de Área
CIDADE
  • Benestar Social
  • Comercio e Industria
  • Cultura
  • Deportes
  • Educación
  • Emprego e promoción económica
  • Igualdade
  • Infraestruturas
  • Limpeza e Transportes
  • Medio Ambiente
  • Participación Cidadá
  • Saúde
  • Termalismo
  • Urbanismo
  • Voluntariado
  • Xuventude
TRÁMITES
  • Buscador de trámites
  • Trámites on-line
  • Impresos
AXENDA
  • Actos para hoxe
  • Actos en 7 días
  • Actos nun mes
  • Busca Avanzada
  • Calendario de Festivos
  • Auditorio
  • Ociourense
DIRECTORIO
  • Municipal
  • Emerxencias
  • Transportes
TURISMO

 © Concello de Ourense| Praza Maior nº1 | 32005 Ourense | Tel: 988 388 100

  • Contacto
  • Preguntas Frecuentes
  • Nota legal
  • Accesibilidade

Este portal de internet foi financiado pola iniciativa comunitaria URBAN II

  • ¡CSS Válido!
  • Valid XHTML 1.0 Strict
  • AA