Solicitude de inscrición de alta no Rexistro de Entidades e Asociacións Deportivas
Dirixido a
Documentación a aportar:
Inscrición
A inscrición no rexistro iniciase mediante a presentación no Rexistro do Concello Municipal de Deportes da solicitude e da documentación pertinente pola asociación interesada a través do seu representante.
A solicitude da inscrición irá dirixida ó presidente do Concello Municipal de Deportes firmada polo representante da asociación, debendo acompañar a seguinte documentación:
1. Copia da acta de constitución ou fundacional con firmas orixinais dos promotores (tres exemplares)
2. Copia dos estatutos rectores da asociación firmados ó menos por dous promotores en todas as suas follas (tres exemplares) no que deberán constar como mínimo os seguintes datos:
a. Denominación da entidade que non poderán ser idéntica ás de outras asociacións xa rexistradas, ni tan semellante que poida inducir error. En caso contrario denegarase a acreditación mediante resolución motivada
b. Fins determinados que se propoñen e actividades que desenvolverá
c. Domicilio social principal, e de ser o caso, outros locais da asociación
d. Ámbito territorial de actuación
e. Órganos de goberno e administración
f. Procedemento de admisión e perda da condición de socio nas suas diversas categorías
g. Deberes e dereitos dos asociados
h. Sistema de elección dos cargos representativos e de goberno que deberá garantir a sua provisión mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto dos asociados
i. Patrimonio fundacional, recursos económicos previstos e límites do orzamento anual
j. Destino que terá ó patrimonio social de ser o caso de disolución
k. Réxime documental da asociación que comprenderá como mínimo o Libro de Rexistro de Socios, os de Actas e Contabilidade
l. Causas de extinción e de ser o caso, destino, que debe darse ó seu patrimonio
3. Relación nominal das persoas que ocupan cargos directivos co seu domicilio e DNI
4. CIF da asociación
5. Número de inscrición no Rexistro Xeneral de Asociacións e noutros rexistros públicos
6. Domicilio social
7. Orzamento do ano en curso
8. Programa de actividades do ano en curso
9. Certificado do numero de socios
10. Ficha de terceiros
11. Tres libros: Libro de actas, libro de socios e libro de contas
No prazo de quince días desde a solicitude de inscrición e, salvo que esta houbera de interromperse pola necesidade de aportar documentación non incluída inicialmente, o Consello Municipal de Deportes notificará á asociación o seu número de inscrición e a partir de ese momento considerarase de alta a todolos efectos.
Requisitos
Obrigas das asociacións inscritas:
As asociacións inscritas deberán remitir anualmente ó Concello Municipal de Deportes, unha memoria da actividade realizada durante o año anterior. Nelas, describiranse os medios e fontes de financiamento propios ou externos, ase como se reciben subvenciones doutras entidades públicas ou privadas. Ademais e dentro dese mesmo prazo, presentarase o programa de actividades que se desenvolverá no ano en curso.
Baixa obrigatoria:
O incumprimento das obrigacións sinaladas neste regulamento dará lugar a que o Consello Municipal de Deportes poida dar de baixa á asociación no rexistro.
Taxas/Tarifas:
A inscrición no Rexistro de asociacións, terá carácter voluntario e gratuíto.
A inscrición non é requisito constitutivo, se ben será necesario, para o aproveitamento das subvenciones que poida establecerse.
Organismo xestor:
Normativa asociada ó trámite:
Impresos asociados ó trámite:
- Impreso de incrición de entidades e asociacións deportivas (Formato PDF , 10 KB )
Prazos
O Consello Municipal de Deportes á vista do expediente, dictará no prazo máximo de tres meses a partir da presentación da solicitude, resolución autorizando ou denegando a inscrición. A falta de resolución expresa no prazo terá carácter estimativa.
O cómputo do citado prazo interrompese pola solicitude de ampliación de información referente á entidade, ou o requirimento de subsanación da solicitude ou achega de documentos. Si estes non se aportan no prazo concedido ó efecto que será de dez días entenderase que desiste da inscrición solicitada procedéndose ó arquivo do expediente.
A resolución denegatoria de inscrición deberá ser motiva e contra ela poderá interpoñerse, no prazo dun mes, recurso de alzada ante o Pleno do Concello de Ourense.
As asociacións xa constituídas deberán solicitar a sua incorporación no novo rexistro no prazo de cinco meses contados a partir da publicación deste regulamento, decaendo nese dereito si transcorrido dito prazo non formalizou dita solicitude.
Outros datos de interés
Feitos impoñibles:
Serán obxecto de inscrición respecto ás entidades sometidas ó ámbito deste regulamento:
1) Constitución da entidade
a) Número de orden asignado á asociación no rexistro
b) Denominación da asociación
c) Fecha de constitución
d) Fins sociais perseguidos
e) Patrimonio fundacional
f) Orzamento inicial
g) Ámbito territorial
h) Domicilio principal e outros locais da asociación
i) Fecha da inscrición
2) Modificacións estatutarias
a) Extracto das modificacións
b) Fecha da modificación
c) Fecha da inscrición da modificación estatutaria
3) Membros que compoñen os seus órganos de goberno
4) Disolución
a) Motivos determinantes da disolución
b) Aplicación estatutaria ou legal do patrimonio social
c) Data da inscrición da disolución
