Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Praza Maior

ADQUISICIÓN XOGUETES CAMPAÑA DE REIS 2020

1. OBXECTO DO SUMINISTRO:

A adquisición de xoguetes da Campaña de Reis para a Concellería de Asuntos sociais, nas condicións que constan neste Anuncio (PDF)

O Concello de Ourense resolveu a convocatoria para a concesión de subvencións en especie para libros de texto, material escolar e comedores escolares correspondentes ao curso 2020-2021.

O Concello de Ourense traballa na volta á normalidade dos centros cívicos como lugares de encontro, relación e cooperación coa cidadanía.

A Concellería de Asuntos Sociais pon en marcha unha nova edición do programa de Envellecemento Activo, dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Ourense.

As Concellerías de Asuntos Sociais e Seguridade Cidadá do Concello de Ourense están a realizar un censo de persoas sen teito na cidade. Un traballo que espera ter rematado a próxima semana e ten como finalidade “axudarlles o máximo posible".

Traballadora de Cruz Vermella

A xunta de goberno local do Concello de Ourense, na reunión do día 8 de outubro, aprobou a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e Cruz Vermella para financiar o proxecto de acollida, valoración e resposta inmediata para atender ás persoas en situación de vulnerabilidade.

O convenio ten como obxectivo ofrecerlles ás persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade, unha atención eficaz e reparadora que, dende una perspectiva coordinada de intervención comunitaria, permita identificar claramente as necesidades prioritarias que requiran dunha resposta inmediata e/ou dun plan de intervención individualizada. Estímase que no ámbito do Concello de Ourense, directa e indirectamente poderanse beneficiar deste proxecto entre 2.000 e 2.500 persoas, especialmente no ano actual, marcado pola crise sanitaria e as súas consecuencias económicas.

O Concello destinará a este convenio unha achega económica de 75.000 euros, a través dunha subvención nominativa. Na mesma sesión, a xunta de goberno local aprobou o pagamento de 3 convenios de colaboración asinados polo Concello de Ourense con entidades sociais do ámbito sanitario, por un importe total de 75.000 euros (25.000 euros cada un).

O convenio co Comité Cidadán Antisida ten por obxecto de financiar gastos do Programa de reducción de riscos en usuarios de drogas por vía parenteral para o ano 2019. O convenio coa Fundación Monte do Gozo Proxecto Home ten como finalidade o financiamento dos gastos de rehabilitación e reinserción sociolaboral en réxime residencial de condutas aditivas para drogodependentes. O convenio coa Asociación de Axuda ao Toxicómano (ATOX) ten por obxecto financiar gastos do Programa piso de acollida para a incorporación social para o ano 2019.

A Concellería de Política Social publicou o listado provisional de cualificación dos expedientes de axudas para libros e comedor escolar 2020/21.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, participou esta mañá na xuntanza da mesa de contratación encargada de adxudicar as programacións de actividades que desenvolverá o Concello nos centros cívicos, dirixidas á cativada e persoas adultas, e do programa de cursos e obradoiros de envellecemento activo, dirixidas ás persoas maiores.

Cartel da convocatoria

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a convocatoria para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do Concello de Ourense.

Foto de libros de texto

A Concellería de Asuntos Sociais publica hoxe, día 14 de agosto, un requirimento de emenda para que as persoas solicitantes do programa de axudas de libros e comedor escolar do curso 2020-2021 poidan subsanar as fallas atopadas na documentación presentada durante a xestión destas axudas.