Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Concello de Ourense resolveu a convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de Asuntos Sociais (Decreto 2020006676). Adxudícanse subvencións a un total de 23 entidades, 23 proxectos por unha contía de 296.448,10€;denéganse subvencións a 9 entidades, ben por non achegar os documentos esixidos nas bases reguladoras, ben por tratarse de programas ou proxectos que non son de utilidade ou interese para o Concello de Ourense.

Contra a resolución poderase interpor, alternativamente, recurso de reposición, con carácter potestativo, ante o órgano que ditou ésta, dentro do prazo dun mes consonte os artigos 123 e 124 da lei de procedemento administrativo e, recurso contencioso administrativo ante o xulgado do contencioso administrativo de Ourense, dentro do prazo de dous meses, ao abeiro do disposto nos artigos 8, 45 e 46 da Lei 28/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

De acordo co previsto nas bases reguladoras de subvencións, a resolución se publicará de acordo co artigo 45.1. b da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, no Boletín Oficial da provincia e na páxina web municipal. A publicación substitúe a notificación, con todos os seus efectos (artigo 8 das bases reguladoras publicadas no BOP de 17.07.2019)