Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

A Concellería de Asuntos Sociais abre un prazo de 10 días para completar a información nas solicitudes de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar e comedores escolares, até o xoves 24 de xuño.

Apreciadas fallas na documentación esixida no artigo 6 das bases da convocatoria de axudas en especie para a adquisición de libros de texto e material escolar e comedores escolares do Concello de Ourense, segundo o listado adxunto ao presente anuncio, a Concellería de Asuntos Sociais abre un prazo de DEZ DÍAS, a partir do seguinte ao da publicación desta noticia -de acordo co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas- para completar a información. De non facelo no mencionado prazo, daranse por desistidas da súa petición cos efectos previstos no artigo 21.1 da citada Lei.

A convocatoria das axudas foi aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello na súa sesión de data 18 de marzo de 2021 e está dotada cun orzamento de 294.250 euros (25.000 euros para axudas a libros de texto e material escolar e 269.250 euros para comedores escolares).

Documentación