O servizo de comida no fogar, como norma xeral, será un servizo complementario do Servizo de Axuda no Fogar, que mediante persoal cualificado suministra diariamente a comida no fogar a persoas que pola sua especial situación así o requiran.
En casos extraordinarios podrán disfrutar do servizo outros usuarios non incluidos no Servizo de Axuda no Fogar, sempre que mediante un informe técnico do traballador social correspondente se fundamente a situación de necesidade dunha persoa ou familia, e que se considere este servizo como o recurso idoneo para dar resposta a esta situación de necesidade.
O servizo de comida no fogar está regulado no Artigo 4, punto 2 da Ordenanza reguladora do servizo de Axuda no Fogar, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a fecha de 25 de novembro de 2014. Pode obter información de como debe solicitar este servizo na Sede eléctrónica municipal.
- Máis información no Boletín Oficial da Provincia (pdf)
- Documentación para a solicitude, no Boletín Oficial da Provincia (pdf)