Asuntos Sociais
Áreas
O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, participou esta mañá na xuntanza da mesa de contratación encargada de adxudicar as programacións de actividades que desenvolverá o Concello nos centros cívicos, dirixidas á cativada e persoas adultas, e do programa de cursos e obradoiros de envellecemento activo, dirixidas ás persoas maiores.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a convocatoria para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do Concello de Ourense.
A Concellería de Asuntos Sociais publica hoxe, día 14 de agosto, un requirimento de emenda para que as persoas solicitantes do programa de axudas de libros e comedor escolar do curso 2020-2021 poidan subsanar as fallas atopadas na documentación presentada durante a xestión destas axudas.
A Concellería de Política Social abre a convocatoria para regular as bases para a selección de proxectos do programa de actividades de ocio e tempo libre para persoas maiores no marco do programa de envellecemento activo do Concello de Ourense, correspondentes á campaña 2020-21.
A Concellería de Política Social publica as bases para a selección de proxectos do programa de actividades dos centros cívicos do Concello de Ourense, correspondentes á campaña 2020-21
A Concellería de Política Social abre a convocatoria para regular as bases para a selección de proxectos do programa de actividades dos centros cívicos do Concello de Ourense, correspondentes á campaña 2020-21, consonte aos obxectivos establecidos no artigo 3 da Ordenanza reguladora dos centros cívicos municipais do Concello de Ourense, particularmente: “ofrecer alternativas de ocio e tempo libre potenciando o desenvolvemento das habilidades e as capacidades das persoas”, e “elaborar programas de carácter cultural e social que teñan como obxecto o desenvolvemento integral dos veciños e veciñas”.
Descarga as bases aquí [Bases e Convocatoria.pdf]
Cruz Vermella e o Concello de Ourense presentaron esta mañá a campaña informativa que desenvolverán os voluntarios da organización na rúas da cidade.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, realizou no día de hoxe a súa derradeira doazón pola pandemia da covid-19, cun ingreso en metálico na conta bancaria de Cruz Vermella.
O Concello de Ourense e o Club de Leóns Ourense Calpurnia colaborarán na atención ás persoas que viven en soidade con diferentes accións que se levarán a cabo proximamente na cidade.
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria de 25 de xuño de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte ACORDO:
Aprobar o Plan Estratéxico de subvencións da Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, para o período 2020-2022. Nº.de expediente 2020012754.