Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Cartaz do programa Vacacións con Traballo

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanzou unha nova convocatoria do programa Vacacións con Traballo, un proxecto co que colabora o Concello de Ourense a través da Concellería de Servicios Sociais.

Visita da concelleira Sofía Godoy a horta da Carballeira no verán do 2016

A concelleira de Asuntos Sociais e Xuventude Sofía Godoy visitou a horta ecolóxica social da Carballeira, posta en marcha polo Concello e Sustinea para fomentar a empregabilidade no sector da agricultura ecolóxica. Durante dúas semanas, un total de vinte alumnos e alumnas recibiron formación de carácter teórico e práctico, cun total de 50 horas, que lles permitirán buscar unha saída laboral neste sector de actividade.

Preparación da horta da Carballeira pola Asociación Sustinea

A asociación Sustinea e o Concello de Ourense promoven unha horta ecolóxica social na cidade para paliar a falta de recursos económicos e atopar saída laboral na agricultura ecolóxica.

Reunión coa Asociación Española de Auditores Socio Laborais

O alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, mantiveron unha reunión cos representantes da Asociación Española de Auditores Socio-Laborais, Ángeles García e Juan Luis Prado para coñecer o Protocolo de Detección e Tratamento en Institucións de Situacións de Violencia de Xénero.

Logo do programa ConBOrumbo

Un total de 169 mulleres participaron nos programas de inserción sociolaboral do Concello de Ourense durante o ano 2016 a través de 16 actividades formativas dirixidas á inclusión no mercado de traballo das persoas en risco de exclusión social.

Nenos saharauis en Galicia

O Concello de Ourense pon en marcha o programa Vacacións en paz 2017 dirixido á acollida de menores saharahuis durante os meses de verán, xullo e agosto, e abre o prazo ata o 22 de marzo para que todas as familias interesadas poidan realizar as solicitudes a través do Rexistro Xeral.

Julio Masid, Jesús Vázquez e Sofía Godoy.

O Concello de Ourense e a entidade que que xestiona o ciclo da aua en Ourense, Viaqua, veñen de asinar un importante convenio de colaboración en materia social. Un total de 24 usuarios do programa de inserción laboral Imedra da Concellería de Asuntos Sociais poderán beneficiarse de actividades formativas destinadas á consecución do permiso de conducir tipo B, clave para optar a un emprego.

Logo Asuntos Sociais

O xoves 9 de febreiro iniciase o primeiro curso de alfabetización dentro do Programa de Inclusión Sociolaboral Imedra dirixido ao colectivo de perceptores de RISGA (Renta de Integración Social de Galicia) e a xente en risco de exclusión social.

Logo de conBorrumbo

A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, visitou o programa CONBORUMBO, que ten como finalidade fomentar a inclusión social para o acceso e a permanencia no mercado laboral, destinado a persoas en exclusión social ou en risco de sufrila, que xorde da colaboración entre o Concello de Ourense e a Confederación Empresarial de Ourense, e conta co financiamento do Fondo Social Europeo a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Logo de Asuntos Sociais

Asuntos Sociais integra por vez primeira todos os grupos de risco a través de políticas de formación profesional e de inserción laboral. Ademais do IMEDRA, o Concello traballa tamén cos programas ConBoRumbo e Un rural para tidos a través de técnicas de venda, competencias clave, atención socio - sanitaria ou limpeza de superficies.