Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Presentación do campamento

Medio cento de escolares da cidade participarán durante o mes de xullo do campamento de verán que organiza a Concellería de Política Social coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente no Botánico de Montealegre. Eugenia Díaz Abella e Jorge Pumar presentaron esta mañá esta actividade, na que participan nenos e nenas de familias usuarias dos servizos sociais municipais (unidades de intervención social e clases de reforzo educativo).

Libros de texto

O Concello de Ourense convoca as axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2020/2021. O Boletín Oficial da Provincia de Ourense de hoxe, venres, 19 de xuño, publica o extracto desta convocatoria, cuxo orzamento ascende a un total de 294.250 euros, cun incremento de máis de 50.000 euros fronte ao curso anterior, dos que 269.000 serán para axudas para comedores escolares e 25.000 para libros (20.000 no curso 2019/2020).

Actos de presentación do plan

A concelleira de Política Social, Eugenia Díaz Abella, explicou hoxe no Centro Cívico de Colón a estratexia do seu departamento logo do incremento de 5 millóns do orzamento para asuntos sociais, que pasaron de 5.002.000 millóns a 7.477.000 e, co novo incremento, a 10.477.000 euros.

Páxina web da Concellería

O Concello pon á disposición das familias de Ourense unha programación de actividades de verán para a rapazada nos centros cívicos, organizada pola Concellería de Política Social, coa finalidade de ofertarlle á cativada a posibilidade de participar en propostas de lecer e formativas nas que desfrutar durante as vacacións de verán, ao tempo que achegar ás familias importantes recursos para a conciliación familiar e laboral.

A programación dos centros cívicos amplía este ano horarios, oferta tamén actividades polas tardes e os primeiros días de setembro, para cubrir até o inicio do curso escolar, articulada en quincenas, desde o día 1 de xullo até o 11 de setembro. Están dirixidas a nenos e nenas que naceran entre o 1/ 01/ 2008 e o 31/ 12/ 2016, co obxectivo básico de se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros rapaces e rapazas. Serán nos cinco centros cívicos municipais: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo

O horario é de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres. As inscricións realizaranse desde o venres, 12 de xuño, a través da páxina Actividades Asuntos Sociais até o día 16 de xuño ás 24:00 horas. Se algunha persoa precisa axuda coa inscrición pode dirixirse telefonicamente ao 988 393 107.

As actividades son gratuítas, dirixidas a familias empadroadas no Concello. Para adxudicar as prazas teranse en conta a orde de entrega das solicitudes, a orde de preferencia buscando sempre garantir que todos os nenos teñan a posibilidade de ter concedida como mínimo unha das quincenas.

Os contidos buscan fomentar a participación dos nenos e nenas en actividades socio educativas, lúdicas e culturais que promovan a educación en igualdade e o coñecemento dos seus dereitos recoñecidos na Convención de Dereitos da Infancia. Trátase de promover que os menores se convertan en axentes de cambio social identificando a realidade do seu barrio e o seu entorno. Todo no marco das accións encamiñadas a dar cumprimento aos obxectivos do I Plan de Infancia e Adolescencia do Concello de Ourense.

O Concello de Ourense concretou esta mañá un novo pulo á colaboración no ámbito social coa rubrica dun convenio polo que se destinarán 75.000 euros á Cruz Vermella.

Cartel das actividades de verán

O Concello pon á disposición das familias de Ourense unha programación de actividades de verán para a rapazada, que se desenvolverá nos centros cívicos, nos colexios de Infantil e Primaria e na Aula de Natureza do río Miño, en Oira. As actividades son desenvolvidas polas concellerías de Política Social, nos centros cívicos, e Educación, nos CEIP e Aula de Natureza, coa finalidade de ofertarlle á cativada a posibilidade de participar en propostas de lecer e formativas nas que desfrutar durante as vacacións de verán, ao tempo que achegar ás familias importantes recursos para a conciliación familiar e laboral.

Libros de texto

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou nunha xuntanza extraordinaria celebrada esta mañá as bases das axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2020/2021. O Concello eleva este ano en máis de 50.000 euros a dotación da convocatoria, que ascende a un total de 294.250 euros, dos que 269.000 serán para axudas para comedores escolares (fronte aos 223.348,47 do curso anterior) e 25.000 para libros (20.000 no curso 2019/2020). Con este incremento da dotación, o goberno municipal pretende garantir que as axudas cheguen a todas as familias que o precisan e evitar que se produzan listas de espera, sinala a concelleira de Política Social, Eugenia Díaz Abella. A convocatoria das axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, e ao día seguinte abrirase o prazo para presentar as solicitudes.

Imaxe da noticia

O Concello de Ourense reforza os orzamentos para atender situacións de emerxencia social cunha transferencia de 1 millón de euros. Así o anunciou esta mañá a concelleira de Política Social, Saúde e Igualdade, Eugenia Díaz Abella. Esta dotación, sinalou, é consecuencia da vontade do Concello de Ourense de “estar a carón de quen máis o necesita” e servirá para “ir reparando as situacións que se nos presentan todos os días” nas áreas de Política Social, unha das áreas municipais que están máis directamente afectadas pola situación derivada da pandemia da COVID9.

Neste sentido, lembra que os orzamentos do Concello para o ano 2020, que se presentarán o día 30 a aprobación definitiva por parte do Pleno, incrementan a dotación das partidas destinadas a emerxencia social.

Foto camión de Coren

O Concello de Ourense entregoulle esta mañá a Caritas un cargamento de 600 quilos de alimentos doados solidariamente pola empresa Coren para axudar as persoas máis afectadas pola pandemia de COVID-19 na cidade. Foron Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, e Eugenia Díaz Abella, concelleira de Política Social, os que lle realizaron en persoa a entrega a Ángel Feijóo Mirón, delegado de Cáritas. Os alimentos destinaranse ao comedor social de Cáritas en Ourense, un servizo que multiplicou o seu número de usuarios desde o inicio da pandemia, e que está a servir unha media de 500 menús cada día na cidade.

Cruz Vermella

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Política Social, Eugenia Díaz Abella, mantiveron unha xuntanza esta mañá co presidente de Cruz Vermella en Ourense, Felipe Ferreiro, coa finalidade de avanzar en proxectos que redunden nunha mellor atención posible ás persoas que máis o precisan.