Asuntos Sociais
Áreas
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Política Social, Eugenia Díaz Abella, mantiveron unha xuntanza esta mañá co presidente de Cruz Vermella en Ourense, Felipe Ferreiro, coa finalidade de avanzar en proxectos que redunden nunha mellor atención posible ás persoas que máis o precisan.
O Concello de Ourense aprobou, en sesión extraordinaria de xunta de goberno local celebrada esta mañá, convenios de colaboración con seis entidades dos ámbitos dos asuntos sociais e da sanidade. En total, os importes dos diferentes convenios suman 215.000 euros. Así, este órgano executivo dálle luz verde á Concellería de Política Social, Igualdade e Sanidade para asinar convenios de colaboración coas seguintes asociacións e para os seguintes conceptos.
O Concello de Ourense aprobou a resolución da convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do ano 2019. Nela adxudícalles axudas a entidades sen ánimo de lucro para a execución de proxectos no ámbito dos servizos sociais, por un importe total de 324.478,89€. O detalle da resolución pódese consultar aquí:
A empresa Atendo prestará o servizo de axuda no fogar do Concello de Ourense. Así llo comunicou esta mañá a Concellería de Política Social despois de constatar que a firma presentou a mellor das 3 ofertas que recibiu o Concello para adxudicar este servizo municipal (cumplía a totalidade das esixencias técnicas e realizou a mellor oferta económica). Atendo asumirá o 100% do persoal subrogable do servizo e prestará a totalidade dos servizos ás persoas usuarias, garantindo así a continuidade dun servizo esencial como o de axuda no fogar.
Adquisición de xoguetes para a campaña de reis 2020
De acordo coas bases da convocatoria, ponse en xeral coñecemento o decreto de 10 de outubro de 2019 que aproba a listaxe definitiva de cualificación dos expedientes de libros de texto, material
escolar e comedores escolares de 2019/2020
A dita listaxe pódese consultar en:
O Concello de Ourense pon en marcha a programación de actividades dos centros cívicos municipais para o curso 2019/2020, tanto as destinadas á cativada como ás persoas adultas. Desde o mércores, 25 de setembro, até o 2 de outubro, as persoas interesadas poderán realizar a inscrición naquelas propostas que lles resulten máis atraíntes, a través da páxina web Cursos Asuntos Sociais no Centro Cívico da rúa Colón ou na Oficina de Atención Cidadá, na planta baixa da Casa do Concello na Praza Maior.
O Concello pon en marcha a programación de actividades de envellecemento activo para o curso 2019/2020, cun total de 28 propostas de saúde e lecer destinadas a persoas de 60 ou máis anos, empadroadas no Concello de Ourense. O vindeiro mércores, día 25 de setembro abrirase o prazo de inscrición, que se deberá realizar online a través da páxina web Cursos Asuntos Sociais cubrindo un formulario que estará dispoñible na web desde ese mesmo día ás 9h.
O Concello de Ourense publica o listado provisional dos expedientes para as axudas para libros de texto, material escolar e comedor escolar de 2019/2020.
A asociación ourensá e a federación galega de persoas xordas desenvolverán o día 28 de setembro en Ourense un programa de actividades participativas e de sensibilización destinadas a dar a coñecer a realidade e as problemáticas que afectan a este colectivo. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantivo esta mañá unha xuntanza coa presidenta, María Isabel Fernández, e a intérprete, Arancha Pérez, da asociación ourensá (APSOU), para coñecer os pormenores destas actividades así como dos diferentes programas e servizos que presta a asociación ourensá. O alcalde comprometeu o apoio e colaboración do Concello con estas iniciativas así como co labor que desenvolve día tras día esta asociación, que presta servizos a 300 persoas na cidade.