Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Cartel Vacacións programa

Programa de voluntariado internacional para o persoal técnico da administración local e autonómica galega. Ano 2019

Organiza o Fondo Galego de cooperación e solidariedade.

Vacacións con Traballo é un programa de cooperación técnica e sensibilización dirixido fundamentalmente ao persoal técnico dos concellos e deputacións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, partindo da base de que o know how das administración locais é unha das ferramentas máis potentes e específicas do municipalismo que coopera.

De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase síntese do contido dos acordos da Xunta de Goberno Local, adoptados en sesión extraordinaria e urxente de 28 de decembro de 2018, relativos á aprobación de convenios de colaboración e polos que se faculta a sinatura do alcalde en representación do Concello de Ourense.

Centro cívico Colón

O Concello de Ourense, aprobou esta mañá, na sesión da xunta de goberno local as bases da convocatoria pública de selección de tres proxectos da Concellería de Asuntos Sociais para a campaña 2019/2020. Trátase dos Programas de Envellecemento Activo e das actividades para adultos e para a cativada nos centros cívicos.

Bandeira xitana

Comunicado institucional polo 8 de abril 2019 – Día Internacional del Pobo Xitano.

O documento foi asinado polos portavoces dos 4 grupos políticos con representación no Concello de Ourense a proposta da Fundación Secretariado Xitano. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez deu lectura ao documento no pleno do venres, día 5 de abril. Na Casa do Concello ondea durante o día de hoxe a bandeira xitana, en adhesión á celebración.

Foto maiores

Aprobación da convocatoria para a concesión de subvencións en especie para locais de asociacións de maiores do Concello de Ourense para o exercicio económico 2019.

 

Documentos

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanza este boletín electrónico para informar ao sector e á cidadanía en xeral sobre as últimas novas da cooperación municipalista. Tamén atoparás as próximas citas na axenda solidaria das deputacións e concellos socios, entre outras cuestións de interese.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanza este boletín electrónico para informar ao sector e á cidadanía en xeral sobre as últimas novas da cooperación municipalista. Tamén atoparás as próximas citas na axenda solidaria das deputacións e concellos socios, entre outras cuestións de interese.

Contacontos en lingua de signos

Os centros cívicos do Concello acollerán un ciclo de conta contos en lingua de signos. Esta é unha iniciativa que desenvolven conxuntamente a Asociación de persoas xordas, APSOU, e o Concello de Ourense. Serán de 18 a 19 horas o día 21 de xaneiro no Centro Cívico Colón, o 23 na Ponte, o 28 nas Termas e o 30 na Cuña.

Praza Maior

O Concello de Ourense destaca que Axuda a Domicilio incrementou en 200 persoas o seu número de usuarios e en 78.200 as horas de atención neste mandato, pese a atoparse cun servizo ao borde do precipicio no 2015. Co Partido Socialista había 153 usuarios e 69.000 horas en dependencia, mentres que na actualidade ofrecemos servizo a 435 usuarios dependentes e 176.346 horas”, explicou a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy. A concelleira lamentou que dende o PSOE “se están acostumando a dar as costas aos máis vulnerables”, como demostraron coa súa negativa a apoiar os orzamentos máis sociais da historia da cidade así como un pacto social para blindar os servizos aos máis desfavorecidos. Godoy reprochou aos socialistas que deixaron en herdanza ao actual grupo de goberno un servizo a punto de quebrar, con un ERE enriba da mesa que ía supoñer “unha redución drástica de persoal”, e cun contrato a punto de entrar en precario. “Evitamos que iso ocorrese e sacamos unha nova licitación”

Páxina web de ssociaiscursos.com

Aberto o prazo de inscrición das actividades para nenas e nenos nos Centros Cívicos. Durante estas festas, as actividades para a cativada serán pola mañá entre as 09:00 e as 14:00 horas, aínda que tamén está previsto que haxa algúns obradoiros pola tarde” .Toda a información na páxina web ssociaiscursos.com, onde tamén poderanse descargar o formulario de inscrición. Estas festas o horario de actividades de conciliación para a cativada incrementouse respecto ao pasado ano. Para inscribirse é fundamental estar empadroado no Concello de Ourense.