Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Páxina web de ssociaiscursos.com

Aberto o prazo de inscrición das actividades para nenas e nenos nos Centros Cívicos. Durante estas festas, as actividades para a cativada serán pola mañá entre as 09:00 e as 14:00 horas, aínda que tamén está previsto que haxa algúns obradoiros pola tarde” .Toda a información na páxina web ssociaiscursos.com, onde tamén poderanse descargar o formulario de inscrición. Estas festas o horario de actividades de conciliación para a cativada incrementouse respecto ao pasado ano. Para inscribirse é fundamental estar empadroado no Concello de Ourense.

Logo Fondo Galego de Cooperación

O Fondo Informa
30/11/2018 nº 50

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanza este boletín electrónico para informar ao sector e á cidadanía en xeral sobre as últimas novas da cooperación municipalista. Tamén atoparás as próximas citas na axenda solidaria das deputacións e concellos socios, entre outras cuestións de interese.

Foto recollida do premio polo Alcalde

Jesús Vázquez: “O recoñecemento de Unicef como Cidade Amiga da Infancia e da Adolescencia sérvenos de estímulo para seguir traballando e para que Ourense siga a ser un exemplo para toda Galicia”

Foto Reis Magos

Documentos

Logo Fondo Galego de Cooperación

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanza este boletín electrónico para informar ao sector e á cidadanía en xeral sobre as últimas novas da cooperación municipalista. Tamén atoparás as próximas citas na axenda solidaria das deputacións e concellos socios, entre outras cuestións de interese.

De acordo coas bases da convocatoria, ponse en xeral coñecemento o decreto de 26 de outubro de 2018 que aproba o listado definitivo de cualificación dos expedientes de libros de texto, material escolar e comedor escolar de 2018/2019


Pódese consultar dito listado nos seguintes lugares:

  • Rúa Bispo Carrascosa nº 8, baixo.
  • Páxina web do Concello (www.ourense.es)

Documentos

 

Concello de Ourense.

O Concello destina máis de 315.00 euros para axudas a proxectos de servizos sociais de asociacións e de entidades sen ánimo de lucro na cidade. A convocatoria de subvencións do Concello de Ourense dará apoio a proxectos de servizos sociais de vinte e sete asociacións e entidades sen ánimo de lucro da cidade. O Concello publica desde hoxe na web municipal a resolución desa convocatoria, que se outorgan por concorrencia competitiva, e de acordo coas bases publicados no Boletín Oficial da Provincia de 24.04.18. As axudas suman un total de 315.832,16 euros.

Foto fachada Concello

Resolución da convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servicios sociais do ano 2018.

Documentos

Reunión dos encargagos da posta en marcha do programa CaixaProinfancia.

57 familias recibiron atención a través do programa para o desenvolvemento integral da infancia posto en marcha polo Concello e a Obra Social de La Caixa. "Este é un programa moi eficaz, cada día máis implantado no noso concello e no que cada vez participa un maior número de familias”, confirma a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy.  O representante de La Caixa, Josep Oliva, confirmou que “o programa está indo moi ben” e que chegou con vontade de quedarse e de seguir traballando en Ourense os cursos que faga falla”

Libros de texto

De acordo coas bases da convocatoria, ponse en xeral coñecemento o decreto de 12 de setembro de 2018 que aproba o listado provisional de cualificación dos expedientes de libros de texto, material escolar e comedor escolar de 2018/2019.