Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Convenios correspondentes ao ano 2017, firmados polo Concello de Ourense con entidades sen ánimo de lucro de interese social e finalidade pública en materia de benestar social.

Documentos 

Logo Fondo Galego de Cooperación

Fachada do Centro Cívico Colón

As actividades de Conciliación Familiar e Profesional da Concellería de Asuntos Sociais nos centros cívicos acadan este ano un récord de participación con 525 nenos e nenas inscritos neste servizo, unha cifra que duplica ao número de beneficiarios hai dous anos, cando se inscribiron 275 persoas sendo esta a media de anos anteriores.

Fachada Concello

A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense ten atribuída a xestión dos centros cívicos municipais, ámbito no que se desenvolve o Programa de Actividades destes centros. A realización destas actividades encoméndase a profesionais e empresas que reúnan as condicións máis idóneas tanto pola cualificación do persoal técnico como pola súa infraestrutura.

É obxecto destas bases regular a selección de proxectos do programa de actividades dos centros cívicos do Concello de Ourense, consonte aos obxectivos establecidos no artigo 3 da Ordenanza reguladora dos centros cívicos municipais do Concello de Ourense, particularmente: “ofrecer alternativas de ocio e tempo libre potenciando o desenvolvemento das habilidades e as capacidades das persoas”, e “elaborar programas de carácter cultural e social que teñan como obxecto o desenvolvemento integral dos veciños e veciñas”.

Os proxectos que se presenten deberán ter en conta, na súa elaboración, a inclusión de elementos transversais coma a posta en valor do barrio onde se sitúa o programa, o fomento da vida saudable e a implicación solidaria e integradora co entorno veciñal e urbano.

Documentos

Fachada Centro Cívico Colón

A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense ten atribuída a xestión dos centros cívicos municipais, ámbito no que se desenvolve o Programa de Actividades destes centros para nenos e nenas. A realización destas actividades encoméndase a profesionais e empresas que reúnan as condicións máis idóneas tanto pola cualificación do persoal técnico como pola súa infraestrutura.

É obxecto destas bases regular a selección de proxectos do programa de actividades dos centros cívicos do Concello de Ourense, consonte aos obxectivos establecidos no artigo 3 da Ordenanza reguladora dos centros cívicos municipais do Concello de Ourense, particularmente: “ofrecer alternativas de ocio e tempo libre potenciando o desenvolvemento das habilidades e as capacidades das persoas”, e “elaborar programas de carácter cultural e social que teñan como obxecto o desenvolvemento integral dos veciños e veciñas”.

Os proxectos que se presenten deberán ter en conta, na súa elaboración e programación a inclusión de elementos transversais coma a posta en valor do barrio onde se sitúa o programa, o fomento da vida saudable e a implicación solidaria e integradora co entorno veciñal e urbano.

Actividades envellecemento activo

A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense ven desenvolvendo nos derradeiros anos o Programa de Envellecemento Activo, que consiste na realización dunha serie de cursos e actividades de ocio e tempo libre para as persoas maiores de 60 años, no municipio. A realización destas actividades encomendase a profesionais e empresas que reúnan as condicións máis idóneas tanto pola cualificación do persoal técnico como pola súa infraestrutura.

É obxecto das bases regular a selección de proxectos do programa de actividades de ocio e tempo libre para persoas maiores no marco do programa de envellecemento activo do Concello de Ourense.

Poderán participar e presentar proxectos de actividades, todas as persoas físicas ou xurídicas, legalmente recoñecidas, con plena capacidade de obrar, capacitación técnica e habilitación profesional, e que non estean incursas nalgunha causa de exclusión ou prohibición para contratar coas administracións públicas.

Documentos

Libros de texto

A Concellería de Asuntos Sociais publica hoxe, 15 de xuño, un requirimento de enmenda para que os solicitantes do Programa de Axudas de Libros e Comedor Escolar do curso 2018-2019 poidan subsanar as fallas atopadas na documentación presentada durante a xestión destas axudas.

Foto fachada do Concello

Publicación da aprobación en Xunta de Goberno Local das bases e a convocatoria que regulan unha liña de concesión de axudas que consiste na entrega de locais, alugados polo Concello de Ourense coa finalidade exclusiva de que se entreguen a terceiros, segundo o previsto no artigo 3 do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, destinadas a Asociacións de persoas maiores do Concello de Ourense para a realización de actividades culturais, recreativas e de convivencia, encamiñadas a promover a integración e participación na vida comunitaria do colectivo que integra a terceira idade, favorecendo o seu mantemento no medio social habitual, que cumpran os requisitos esixidos para seren beneficiarios.

 

Documentos

 

 

Foto reunión Consello Social

O Pleno do órgano de participación nas políticas sociais acolleu esta mañá a presentación do traballo.

Imaxe axudas

O Concello de Ourense abre desde o mércores día 25 de abril o prazo para concorrer á convocatoria de subvenciones a asociaciones e entidades sin ánimo de lucro, en materia de servicios sociais, para o ano 2018. O anuncio da convocatoria foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense do día 24 de abril, polo que se abre desde mañá un prazo dun mes desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia para presentar solicitudes.