Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Libros de texto

O Concello de Ourense abre desde o mércores día 25 de abril o prazo para concorrer á convocatoria de axudas de libros de texto, material escolar e comedor escolar para o próximo curso 2018-2019. O anuncio da convocatoria foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense do día 24 de abril, polo que se abre desde mañá un prazo de 15 días hábiles, que rematará o martes 16 de maio, para presentar solicitudes.

 

Foto Programa Vacacións con Traballo

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que fai parte o Concello de Ourense, lanza a 13ª edición de Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido ao persoal das administracións socias. Os perfís requiridos este ano para colaborar entre 15 días e 1 mes cos nosos parceiros son os seguintes:

O Concello de Ourense ven a desenvolver desde hai anos, múltiples programas e accións dirixidas á infancia e á adolescencia, encadrados en diferentes ámbitos da acción municipal, e coa vontade de avanzar na protección da cidadanía en xeral, e da infancia e adolescencia en particular. Procúrase o compromiso de dotar de protagonismo a este colectivo, apreciando a necesidade de contar cun documento estratéxico que marque as directrices da acción municipal nas diferentes áreas de xestión municipal (Plan de infancia e adolescencia). Para isto, abríuse un proceso participativo no que se lle deu voz aos nenos e nenas, adolescentes e familias, e traballamos coas entidades comprometidas no municipio coa infancia e a adolescencia permitindo, por unha banda detectar aquelas necesidades que puidesen estar cubertas de modo insuficiente e pór en valor as medidas e accións desenvolvidas na actualidade na infancia e adolescencia.

Foto firma convenio

A Fundación, por petición do Concello, porá a disposición de persoas refuxiadas un piso na cidade, que será xestionado por Cruz Roja.

Foto autoridades visita Centro Interxeneracional

Non hai maior satisfacción para un Alcalde que acadar proxectos que supoñen un beneficio indiscutible para o seu pobo.

Mais se a excelencia dese proxecto se lle une o feito de ser innovador nun eido tan sensible e necesario como é a área social, o orgullo é inmenso.

Foto Casa do Concello

O plan estratéxico de subvencións para o período 2018-2020, aprobado en Xunta de Goberno Local do 01 de marzo de 2018, está integramente na web municipal co gallo de respectar o principio de transparencia na actividade administrativa.

Concello de Ourense

A Concellería de Asuntos Sociais iniciou as actividades formativas contempladas nos programas de corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante, perceptora do RISGA e outras persoas en risco de exclusión

Concello de Ourense

A partir do 15 de febreiro iniciaránse as actividades formativas contempladas na convocatoria pola que se establecen as bases reguladoras de subvencions para programas que desarrollarán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrantes e outras persoas en risco de exclusión (Orde do 18 de xulio de 2017, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo. 2014-2020).

Actuación da Coral Gaudeamus.

O Auditorio Municipal acolleu  a presentación dos cursos de Envellecemento activo que promove a Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense. Un total de 24, nesta convocatoria, nos que participarán desde o vindeiro 15 de xaneiro un total de 692 ourensáns maiores de 60 anos, 551 mulleres e 141 homes.

Fachada do Concello de Ourense

O Concello ven de firmar sete convenios con entidades sociais por un importe de 255.000 euros. Pásase dos 190.051 euros de 2016 aos 255.000 euros neste ano.