Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O mercado de Antigüidades volverá á Praza Maior este domingo toda vez que as medidas sanitarias da Xunta de Galicia permiten que se celebre con toda a seguridade para as persoas que participan nesta actividade: compradores, visitantes e vendedores, así coma o conxunto da cidadanía.

O goberno municipal decidira deixar de celebrar o mercado no mes de setembro de 2020, xa que non se podía garantir que se realizase con plenas garantías de evitar exposicións ou contaxios en estrito cumprimento da normativa.

O mercado de antigüidades terá lugar, como é costume, o primeiro domingo de cada mes na Praza Maior.

A xunta de goberno local do Concello de Ourense acordou en xuntanza celebrada esta mañá renovar por un ano o contrato para a instalación de iluminación de Nadal na cidade. “O ano 2020 tivemos a mellor iluminación da historia de Ourense, e a de 2021 será aínda mellor”, asegura o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen avanza que “se mellorará a calidade ao dispoñer de máis tempo para deseñar”.

Comisión de Pleno do 290121

O Pleno do Concello de Ourense do mes de febreiro celebrarase o venres, día 12, en formato telemático e incluirá na súa orde do día a aprobación inicial da suspensión da aplicación da taxa de veladores durante os anos 2020, 2021 e 2022.

Reunión Veladores

Os grupos políticos con representación no Concello reuníronse para avanzar na tramitación dunha ordenanza de veladores para a cidade de Ourense.

O Concello de Ourense suspenderá a aplicación da taxa de veladores durante os anos 2020, 2021 e 2022. O goberno municipal aprobou na xunta de goberno local este acordo, co que pretende apoiar o sector da hostalaría, fortemente afectado polas consecuencias económicas da pandemia da COVID-19.

Os concursos de decoración de Nadal para incentivar a participación de vivendas particulares e de locais comerciais no ambiente festivo na cidade, promovidos polo Concello de Ourense e organizados por Ecourense e Viaqua, entregaron esta mañá os diplomas ás propostas gañadoras.

Luces de Nadal no Paseo

A iluminación artística instalada polo Concello para decorar as rúas e prazas da cidade durante o Nadal seguirá acendida até o domingo, día 10 de xaneiro.

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou a Instrución que regulará a concesión de permisos para a instalación de novos veladores nas rúas do municipio. “Aprobamos unha instrución de veladores que nos permite, por primeira vez en décadas, ter unha ferramenta para poder autorizar novas terrazas para a hostalería dunha forma rápida e legal”, di Gonzalo Pérez Jácome. Será, explica, unha norma “provisional, para darlle unha solución xa aos hostaleiros, un paso previo” para a elaboración dunha nova ordenanza definitiva reguladora da instalación de veladores, que deberá ser aprobada polo Pleno do Concello.

O venres pasado, as 18.00 horas, foi o acto de acendido do alumeado de Nadal, no que Ourense inaugurará, da man do seu alcalde Gonzalo Pérez Jácome, o proxecto “máis ambicioso da súa historia”, que chegará a tódolos barrios da cidade. Tratouse dun acto austero, sen convocatoria da cidadanía, para evitar aglomeracións e facilitar así o respecto das medidas sanitarias vixentes. 

Imaxe de portada

Co gallo de incentivar a participación da cidadanía na decoración de luces de Nadal, tanto en vivendas particulares como en locais comerciais, dedicados ao comercio ou hostalería, Ecourense UTE e Viaqua poñen en marcha senllos concursos, coa colaboración e asesoramento do Concello de Ourense, para contribuír a xerar un ambiente festivo na cidade.