Comercio
Áreas
O Concello de Ourense publica as Bases Reguladoras do Sorteo "Pide un desexo de Nadal. No box dos soños con Luz Propia 2017"
O Concello de Ourense colaborará para a celebración, o vindeiro mes de outubro, da Feira do 21 no barrio ao que este evento deu nome a principios do século XX. Esta iniciativa, impulsada pola Asociación de Veciños de Santa Teresita, a Asociación de Comerciantes do Vinteún e a Federación Limiar, contará coa implicación das concellerías de Comercio, Limpeza, Transportes e Seguridade Cidadá
O martes 13 de xuño asínase a acta de replanteo para comezar as obras na Alameda do traslado provisional da Praza de Abastos.Con esta sinatura, comezarían os traballos para instalar na explanada da Alameda os postos provisionais que albergarán aos praceiras mentres duran as obras de reforma do edificio da Praza de Abastos nº1, que serán realizadas pola UTE Petrolam Emergis Alameda (Petrolam Infraestructuras SL – Emergis Construcción SL), por un importe de 659.934 euros IVE incluído. Os traballos na Alameda terán un prazo de execución de 4 meses
A Concellería de Comercio do Concello de Ourense, en colaboración con Producións Litoria e Comecamiños FoodTruck, organiza o 2º Food Truck Festival en Ourense, unha actividade que, tralo exito da público e participación da primeira edición, quere consolidarse coma unha cita ineludible no calendario de actividades da cidade.
O proxecto de Orzamentos 2017 contempla a duplicación da axuda do Concello ao sector do comercio local de Ourense. Aumenta en concreto un 51%, pasando de 89.439,73 euros a 183.000 euros para gasto corrente. É dicir: para gasto directo que redundará en axudas para o comercio local.