Cultura
Áreas
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anuncia a posta en valor dos activos municipais no Complexo de San Francisco.
A sala Valente acolle a mostra 'Os nosos Entroidos: exposición de traxes tradicionais e de personaxes', que abre ao público durante os meses de marzo e abril.
A sala Valente acolle a mostra 'Os nosos Entroidos: exposición de traxes tradicionais e de personaxes', que abre ao público durante os meses de marzo e abril.
O Concello de Ourense abriu o prazo para presentar traballos para os premios Risco de Creación Literaria e Poesía Cidade de Ourense, na súa edición de 2021.
O Concello de Ourense volverá agasallar este verán cun libro a todos os nenos e nenas da cidade, de 0 a 18 anos de idade. Será un exemplar á súa escolla, por importe de até 20 euros que poderán retirar en calquera das librarías da cidade.
O Concello organizará, durante o mes de marzo na sala Valente, unha gran exposición con máis de 50 personaxes tradicionais do Entroido ourensán.
O Concello de Ourense pospoñerá, durante o primeiro trimestre de 2021, os espectáculos previstos no Auditorio. O goberno municipal adopta esta decisión por un dobre motivo: “a inviabilidade de ter unha audiencia mínima, e para poder aumentar a colaboración para a prevención en medidas fronte á COVID-19”.
O Concello de Ourense acordou cancelar os actos festivos para o Entroido de 2021 ante a evolución da pandemia e o incremento da curva de contaxios nas últimas semanas.
A música segue a ser a protagonista da programación cultural do Auditorio Municipal. Logo do Concerto de Reis a cargo da Orquesta Clásica de Vigo, o Ciclo Enclave de Cámara toma o relevo este xoves 14 de xaneiro ás 20.30 horas cun dos grupos de cámara con máis proxección da súa xeración: o cuarteto de saxos Ensemble Kebyart.
Os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, dirixiranlles a súa tradicional mensaxe aos nenos e ás nenas de Ourense o martes, 5 de xaneiro, a través da canle de vídeos do Concello de Ourense en YouTUbe.
Ás 21:00 horas, nesta ligazón: Canle de videos do Concello de Ourense