Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Logo dun mes desde o inicio da campaña, son xa 6.300 os rapaces e rapazas da cidade que recolleron o libro co que o Concello de Ourense os agasalla polo seu esforzo durante o curso escolar. Con esta cifra alcánzase xa o 45% do censo dos ourensáns nacidos do ano 2003 en adiante.

A escultura de bronce O Home da Rabeda, obra de Xosé Cid, volve lucir no Parque Miño logo da restauración dos danos sufridos como consecuencia dun acto vandálico sufrido no pasado mes de abril.

Dos nenos lendo co seu pai

O Concello de Ourense iniciou a campaña coa que agasallará cun libro os nenos e as nenas da cidade para premialos polo seu esforzo durante o curso escolar, fomentar a lectura e apoiar o comercio local.

Ourense celebra a 26 edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) do 1 ao 15 de xullo. Este evento, organizada por Sarabela Teatro e apoiado polo Concello de Ourense, Deputación provincial, Xunta de Galicia e Universidade de Vigo, xuntará máis de 150 persoas de compañías amadoras e profesionais de teatro ao redor de 24 espectáculos. Serán na rúa -entre eles o 'Ourense invisible'-, no Teatro Principal (con entrada única a 3€) e no Liceo. Os temas desta edición  son a muller e a igualdade, as migracións, as orixes...

Toda a información, en www.miteu.es

Para a campaña “Un libro desconfina a túa imaxinación” do ano 2021 inscribíronse un total de 38 librarías do Concello, tres máis que na campaña do ano 2020. O nome das librarías pode consultarse na web libros.concellodeourense.es

Un libro desconfina a túa imaxinación é unha campaña en forma de subvencións en especie para adquisición de libros con destino a nenos e nenas nados no ano 2003 en adiante e empadroados no Concello de Ourense. Será un exemplar á súa escolla, por importe de até 20 euros -se supera esa cifra, a diferenza deberá ser achegada polo/a interesado/a- que poderá retirar nas librarías que se adhiran á campaña.

As adquisicións de libros realizaranse dende o 23 de xuño de 2021 ata o 14 de agosto de 2021. Para estes efectos, deberá realizar unha solicitude a través desta web habilitada ao efecto onde hai unha listaxe dos establecementos participantes na campaña. Unha vez cubertos os datos requiridos enviarase un código alfanumérico que se deberá presentar, xunto co NIF, no establecemento.

Dende o día 1 de xuño ate o 31 de agosto os horarios dos espazos expositivos do Concello de Ourense adoptan o horario de verán, que queda como segue:

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases e convocatoria para a concesión de axudas en especie para a adquisición de libros, destinadas a nenos e nenas empadroados/as no concello de Ourense coa finalidade de potenciar os hábitos de lectura e o acceso á cultura deste sector de poboación.

Presentación do 36 Premio de Poesía

O Concello de Ourense presentou esta mañá a obra gañadora da edición número 36 do Premio de Poesía Cidade de Ourense: “As puntas da louza. Cancioneiro popular de labor”, de Lorena Conde

O Concello de Ourense aprobou, en xunta de goberno local, as bases e convocatoria para a concesión de subvencións en especie para adquisición de libros con destino a nenos e nenas nacidos no ano 2003 en adiante

Auditorio de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anuncia a posta en valor dos activos municipais no Complexo de San Francisco.