Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Museo Municipal presenta o catálogo da exposición colectiva 'Os nosos fondos', a colección de arte privada que custodia o Concello. O documento pódese consultar en liña na páxina web da Concellería de Cultura: ourensecultura.gal, e desde mediados de mes estará a disposición no Museo.

A exposición, de carácter permanente, contén importantes mestres da pintura e da escultura ourensáns, caso de Prego de Oliver, Cándido Fernández Mazas, Luis Trabazo, Xaime Quesada, Antonio Quesada, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Vidal Souto, ou Alexandro, entre outros. Forman parte da colección de 1.306 obras de arte -pintura, escultura, debuxo...- que se conservan e custodian no Museo Municipal de Ourense.

O Museo abre no seguinte horario: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas; os luns permanece pechado.

Construíndo o universo desde Ourense

No centenario da Revista Nós, no que se lle rende homenaxe ao traballo do grupo de intelectuais e a un dos proxectos culturais colectivos máis singulares e universais que desenvolveu na cidade de Ourense, a exposición 'Construíndo o universo desde Ourense' segue o seu camiño: logo de pasar pola rúa do Paseo e pola Biblioteca Pública Nós, a exposición poderase visitar desde este martes na terraza do centro comercial Ponte Vella.

A exposición explica, a través de 12 paneis, o que significou a Revista Nós, da que se cumpre o centenario. Un movemento que transcende o cultural, pois tentou modernizar Galicia, dignificar a súa cultura e as súas xentes. Está impulsada pola Fundación Vicente Risco e organizada polo Concello de Ourense a través da Concellería de Cultura.