Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Os concursos de decoración de Nadal para incentivar a participación de vivendas particulares e de locais comerciais no ambiente festivo na cidade, promovidos polo Concello de Ourense e organizados por Ecourense e Viaqua, xa teñen gañadores.

Ao Concurso de decoración de fachadas en vivendas particulares, organizado por Viaqua, presentáronse 52 candidaturas individuais. Estas foron as mellores:

  • Primeiro premio, dotado con 1.500 euros
    Rúa da Granxa 82
  • Segundo premio, 500 euros
    Paseo do Tinteiro número 4
  • Dous terceiros premios (ventás e/ou balcóns): 500 euros
    Rúa Faustino Míguez 3-6B
    Avenida de Bos Aires 23-3G
  • Dous terceiros premios (vivendas unifamiliares): 500 euros
    Rúa Julia Minguillón 35
    Urbanización Pazo de Ramirás 52

O Concurso de decoración de locais comerciais, en interior ou en exterior, promovido por Ecourense, contou con 64 participantes.

  • Primeiro premio, dotado con 3.000 euros.
    Farmacia Martínez de Paz Vázquez. Rúa Francisco de Moure, 22. O xurado destacou a súa orixinalidade, o seu atractivo deseño e coidada iluminación, ademais da utilización de materiais reciclados.
  • 5 segundos premios, de 1.000 euros cada un:
    Lecer Manualidades.
    Solaina
    Dianma asesores
    Cafetería JP
    Arte 3

O Concello celebrará unha entrega oficial de premios o vindeiro 11 de xaneiro.