Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Espazo Expositivo de Arturo Baltar amplía os seus horarios de apertura até o día 6 de xaneiro polas festas do Nadal, para facilitar que o publico poda coñecer a obra do escultor ourensán.

O Belén de Ourense, máis coñecido popularmente polo nome do seu autor, componse dunha gran cantidade de pezas feitas en barro cocido, ademais de curiosas representacións relixiosas e civís que, mesturadas, conxuntamente coas construccións de carácter popular, crean ese ambiente singular.

Horario: de luns a venres, de 11 h a 14 h.

Horario especial ata o 6 de xaneiro: 11 h a 13.30 h e de 17.30 h a 20.30 h (25 de decembro e 1 de xaneiro só pola tarde).

Entrada: libre e gratuíta.

Lugar: Praza de San Cosme e San Damián