Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Auditorio de Ourense

O Concello de Ourense pospoñerá, durante o primeiro trimestre de 2021, os espectáculos previstos no Auditorio. O goberno municipal adopta esta decisión por un dobre motivo: “a inviabilidade de ter unha audiencia mínima, e para poder aumentar a colaboración para a prevención en medidas fronte á COVID-19”.

Entroido 2021

O Concello de Ourense acordou cancelar os actos festivos para o Entroido de 2021 ante a evolución da pandemia e o incremento da curva de contaxios nas últimas semanas.

Kebyart Ensemble

A música segue a ser a protagonista da programación cultural do Auditorio Municipal. Logo do Concerto de Reis a cargo da Orquesta Clásica de Vigo, o Ciclo Enclave de Cámara toma o relevo este xoves 14 de xaneiro ás 20.30 horas cun dos grupos de cámara con máis proxección da súa xeración: o cuarteto de saxos Ensemble Kebyart.

Mensaxe dos Reis

Os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, dirixiranlles a súa tradicional mensaxe aos nenos e ás nenas de Ourense o martes, 5 de xaneiro, a través da canle de vídeos do Concello de Ourense en YouTUbe.

Ás 21:00 horas, nesta ligazón: Canle de videos do Concello de Ourense

 

 

 

Belén de Baltar

O Espazo Expositivo de Arturo Baltar amplía os seus horarios de apertura até o día 6 de xaneiro polas festas do Nadal, para facilitar que o publico poda coñecer a obra do escultor ourensán.

Os concursos de decoración de Nadal para incentivar a participación de vivendas particulares e de locais comerciais no ambiente festivo na cidade, promovidos polo Concello de Ourense e organizados por Ecourense e Viaqua, xa teñen gañadores.

Esta mañá presentouse no Liceo de Ourense a programación que se desenvolverá este Nadal na XVII edición da Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI).

O día 22 de decembro arranca unha nova edición da MOTI, na praza San Martiño, ás 19.30 horas, coa obra FIOS DE MOTI, da man de Trécola Teatro, e desenvolverá o groso do seu programa entre os días 26 e 30 de decembro con outros trece espectáculos teatrais espallados en diferentes escenarios de Ourense: Teatro Principal, Auditorio Municipal, Biblioteca Municipal e Liceo de Ourense.

Podes consultar o programa completo nesta ligazón [PDF]

Belén de Baltar

Un autobús musical itinerante no que actuarán Diego Nóvoa, Priscila e Broken Peach, a Mostra de Teatro Infantil, o Concerto de Reis e o belén de Arturo Baltar na Praza de San Cosmede e Damián son as principais propostas da programación deseñada pola Concellería de Cultura para o Nadal 2020, adaptada ás restricións derivadas da pandemia da COVID-19.

O Concello de Ourense abre ao público dende hoxe a exposición “Reencontros e banalidades”, o proxecto fotográfico da ourensá Beatriz Durán, na sala III do Museo Municipal.

Será un Nadal atípico debido á pandemia da COVID-19: logo de descartar a celebración da tradicional Cabalgata de Reis para evitar aglomeracións na rúa, o Concello de Ourense ultimou un plan para o reparto de caramelos entre os nenos e as nenas menores de 12 anos. Despois de consultalo con diferentes autoridades escolares e sanitarias, os axudantes de Papá Noel e os paxes reais desprazaranse até os colexios da cidade -e non porta a porta, como se planeou nun primeiro momento- para entregar un 'paquete real' con doces en forma de agasallo para os máis pequenos.

Quere así o Concello manteren vivos o espírito e a maxia destas datas chegando á rapazada da cidade da forma máis segura posible, e malia a situación atípica que vivimos no eido sanitario e social, paliar a perda da organización da Cabalgata.

Porén, segue adiante o plan alternativo de emprazar os Reis Magos nun punto estático da cidade para que os pequenos poidan ir visitalos, falar con eles e entregarlles as cartas de última hora no Auditorio de Ourense.