Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Teatro Mariana

O espectáculo de danza Entresoños, da compañía de Fran Sieira, iniciará pasado mañá, xoves, unha fin de semana cargada de cultura no Auditorio municipal, que inclúe a estrea de Mariana, de Palmyra Teatro, no marco das actividades co gallo do Día Internacional das Mulleres, e unha nova cita co teatro infantil con E-book: As idades do libro.

Homenaxe a Benito Losada

O Concello de Ourense rendeulle esta mañá homenaxe a Benito Losada, fillo adoptivo da cidade, nun acto institucional no salón de plenos en presenza da Corporación municipal, familiares e amizades do que fora director da Casa da Xuventude e axente dinamizador cultural da cidade. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, entregoulle ao fillo, Anxo López o pergamiño co que o Concello recoñece a achega dun home “que quixo e soubo ser axente comprometido, vocacional e dinamizador da cultura na nosa cidade. Que ao longo dunha longa, constante e diversa traxectoria impulsou proxectos, alentou iniciativas e animou a moitos ourensáns e a moitas ourensás, principalmente xente nova, a crer na cultura e na expresión artística, e a apostar polo asociacionsimo, a atopar neles un modo de vida e unha forma de desenvolvemento artístico ou persoal, mais ao tempo tamén unha forma de enriquecer social, cultural e sentimental á nosa cidade”, asegurou o alcalde.

Tertulias literarias

Medio milleiro de escolares e docentes participarán este ano no programa “Tertulias literarias”, que organiza o Concello de Ourense coa colaboración da Deputación de Ourense.

Auditorio_2019

Pablo Milanés, Bustamante, Antonio Orozco ou Coti son algúns dos nomes que pasarán, durante o primeiro semestre do ano, polo Auditorio de Ourense.

Festival Pórtico

O grupo vocal italiano Odhecaton abrirá o día 15 de marzo a XII edición do Festival Internacional de Música de Ourense “Pórtico do Paraíso” cun concerto na catedral, ás 21 h.

Premio de poesía Cidade de Ourense 2019

O Concello de Ourense convoca a edición número 35 do Premio de Poesía Cidade de Ourense, que distinguirá o mellor traballo inédito e orixinal escrito en lingua galega ou portuguesa.

Cartel Entroido 2019

Ourense inicia a conta atrás do Entroido 2019 desvelando os primeiros detalles do programa festivo, que irá desde o 28 de febreiro, xoves de comadres, coa lectura do pregón a cargo do actor Xosé Antonio Touriñán, até o 6 de marzo, co tradicional Enterro da Sardiña.

Cartel Entroido 2019

A Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Ourense, convoca un concurso para a confección do cartel anunciador da festividade de Entroido, de acordo coas seguintes bases

Documentación

Máis información en ourensecultura.com

A obra romántica de Schumann e o tango de Piazzolla interpretado a catro cordas con bandoneón, a proposta musical do Enclave de Cámara para este mes de xaneiro.

Instalacións do Arquivo Provincial de Ourense.

O Goberno Central comprométese a que en abril esté instalado o mobiliario da Biblioteca Pública do complexo de San Francisco para que a Xunta poida trasladar fondos e persoal e proceder á súa apertura. O subsecretario do Ministerio de Cultura y Deporte, Javier García Fernández, respondeu por escrito á carta remitida polo alcalde de Ourense o pasado 26 de novembro, solicitando información sobre os proxectos pendientes: A Biblioteca, o Arquivo Provincial e o Museo Arqueolóxico, que suporán investimentos por 36 millóns de euros por parte do Ministerio de Cultura en Ourense. Respecto ao Museo Arqueolóxico, informa que os pliegos para a licitación da obra (calculada en máis de 12 millóns de euros) xa foron redactados e actualmente están sendo informados pola Abogacía del Estado e avanza que a previsión é que durante o mes de xaneiro sexa publicado o concurso público do BOE.

O alcalde, Jesús Vázquez Abad, agradece ao subsecretario de Estado a resposta a cuestións "fundamentais para o avance da cidade que nos empeñamos en reactivar e relanzar desde o inicio deste mandato municipal" e manifesta a súa confianza en que "a palabra dada será cumprida, polo ben da mellora nos servizos e instalacións que precisa Ourense". O rexedor ourensán agarda que o Ministerio de Fomento "resposte coa mesma dilixencia e claridade que o de Cultura e informe acerca dun proxecto fundamental para o futuro da cidade como é a Variante Norte, do que de momento nada sabemos"