Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Presentación da programación

Medio cento de espectáculos de diferentes especialidades integran a programación cultural do Auditorio Municipal de Ourense para o último cuatrimestre do ano.

As concelleiras Sofía Godoy e Belén Iglesias durante a rolda de prensa.

O Concello de Ourense ofreceu tres alternativas para seguir colaborando co Outono Fotográfico, opcións desbotadas pola organización. O Concello ten liñas habilitadas de subvención, tanto desde Cultura como desde Xuventude, ás que pode concorrer o OF. Asemade, tamén se lle ofreceu unha encomenda de servizos, mediante contrato administrativo, para a organización do mesmo. As tres solucións foron rexeitadas. As concelleiras de Xuventude e Cultura, Sofía Godoy e Belén Iglesias, respectivamente, compareceron esta mañá e deixaron claro que “en ningún momento este goberno vai saltarse a lei. Gústenos ou non, as regras do xogo cambiaron e todos temos que acatalas. É algo que debemos entender: a lei é de obrigado cumprimento para todos e todas. A Administración Local non está para facer traxes a medida, senón para administrar o interese xeral”.

Cartel Premio Risco de Creación Literaria.

Convocada a 19 edición do Premio Risco de Creación Literaria, dotado con 6.000 euros. O prazo de entrega remata o venres día 21 de setembro e o lugar de presentación, o Rexistro Xeral do Concello de Ourense (Praza Maior, 1). Os inéditos deben ser redactados en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente, cunha extensión de entre 150 e 300 folios.

Foto orquestra

As catro verbenas da rúa Progreso reuniron a 32.500 persoas; e as actuacións de Olympus e París de Noia foron as actividades máis seguidas das Festas, con 10.000 espectadores cada unha.

Cartel das Festas de Ourense

Queres coñecer a programación das Festas de Ourense 2018? Todas as citas, horarios e lugares podes consultalos no seguinte enlace:

Programación das Festas de Ourense 2018 (pdf)

Presentación das Festas de Ourense 2018

O Concello de Ourense ven de presentar a programación das Festas de Ourense 2018, que “contarán con máis de máis de 90 actividades pensadas para todas as idades e sensibilidades” e que ofrecerá unha especial atención “a música feita made in Galicia”.

Tachenko actuará o día 28 de xuño

O rock, o jazz, a música indie ou a psicodelia serán algunhas das propostas programadas este ano polo Concello na Praza de San Martiño e na Praza do Ferro, con motivo das Festas de Ourense. Os escenarios instalados no corazón do Casco Vello acollerán un total de once actuacións, entre as que destacan nomes como os do músico Indomable, o grupo Tachenko ou os ourensáns De vuelta e The Phantom Dragsters.

Sidonie actuará nas Festas de Ourense

O Concello de Ourense vén de completar o programa das Festas de Ourense 2018 coa incorporación das bandas musicais que actuarán durante a semana na Praza Maior. Así, Seguridad Social estará o luns 25; o mércores 27 haberá un espectáculo, Sons da Auria, coa participación de Silvia Alonso, Daniel Minimalia e Emilio Rúa. O venres 29 tocará Sidonie, que contará cos ourensáns Best Life como teloneiros. Todas estas actuacións serán gratuítas e a entrada terá aforo limitado.

Foto concurso cartel

Os participantes deberán presentar unha declaración xurada de que se trata dunha obra orixinal, inédita, que non infrinxe o dereito de terceiros, nin foi presentada a outro premio.
É o primeiro concurso que adopta este requisito tras declararse deserto o premio do Cartel dos Maios 2018, por incumprir o requisito de orixinalidade.
O prazo límite de presentación dos traballos será de 10 días naturais dende a publicación das bases na web do Concello e da Concellería de Cultura.

Foto cartel Festival de Jazz

O alcalde destacou o alto nivel do certame “que pode mirar sen complexos” a como a de Donosti” con “precios moi asequibles” para os cidadáns.