Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense convoca un concurso para elixir o cartel anunciador da próxima Festa dos Maios 2018. A Xunta de Goberno Local do pasado xoves aprobou as bases e a convocatoria do certame, que está dotado cun premio de 800 euros para o autor ou a autora da obra gañadora. O prazo de presentación de propostas estará aberto ate o día 21 de abril.

Logo de Youtubeir@s

Ate o xoves, 15 de marzo, as persoas interesadas poderán presentar as súas propostas, en tres categorías: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos e canle e optar así a 3 premios de 1.000 euros e cinco de 500 euros para os vídeos gañadores.

Presentación da obra de teatro Senior

O Auditorio municipal de Ourense acollerá o sábado, 3 de marzo, ás 20:30 horas a estrea de “Sénior”, a nova produción de Culturactiva. A obra une sobre o escenario a dous grandes das artes escénicas galegas: Luís Iglesia e Marcos Orsi, para planear “unha reflexión en clave de humor acerca das problemáticas típicas dos cincuenta anos”, en palabras de Luís Iglesia.

Presentación da exposición

'Zoon Politikon', de Tareixa Taboada, nas salas 1 e 2 do Museo Municipal até o mes de abril

Pórtico do Paraíso 2018

Os instrumentos do Pórtico do Paraíso tomarán vida no concerto inaugural do Festival Internacional de Música

Cartaz do Entroido

O Concello informa do dispositivo de tráfico con motivo do desfile de Entroido

Presentación da programación do Entroido 2018

O Concello de Ourense vén de presentar a programación do Entroido 2018, unha das citas máis agardadas do ciclo festivo e para a que a Concellería de Cultura se involucrou con actividades para todas as idades, animación de rúa polo día e pola noite, ou o tradicional desfile e concurso de comparsas.

Dúo Cassadó

Un dos referentes da música de cámara en España – o Dúo Cassadó – actuará o mércores 7 de febreiro no Teatro Principal de Ourense cun programa ecléctico e dinámico interpretando tanto a románticos alemáns como obras de Piazzola, Bloch ou Gaspar Cassadó.

Cartel gañador do Entroido 2018

A proposta gañadora do concurso do cartel do Entroido 2018, convocada pola Concellería de Cultura, é obra do deseñador ourensán Alexandre Prada Souto. O cartel, elixido de entre un total de 10 propostas, presentouse baixo o lema "Ourense Capital do Entroido". O xurado, composto por cinco técnicos municipais e polo artista Rosendo Cid, escolleu o gañador por unanimidade.

Auditorio Municipal

As obras afectadas son Os Rockenstein, previsto para este domingo, O tolleito de Inishman, e Fantasía coas palabras. O departamento de Cultura moveu as datas para os meses de febreiro e maio.