Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Cartel da exposición Lobismuller

O Museo Municipal de Ourense, na rúa Lepanto, albergará até o 11 de febreiro a nova proposta fotográfica de Laia Abril. Lobismuller, que aborda a identidade de xénero a través do caso Romasanta, de Allariz, poderase visitar na sala de fondos do Museo no marco do Outono Fotográfico.

Presentación do concerto de Cristina Pato e Nicholas Cords

A ourensá Cristina Pato (piano) e o norteamericano Nicholas Cords (viola) chegan a Ourense, no marco do V ciclo Enclave de Cámara, cun recital centrado na idea de transformación e espiritualidade. Interpretando obras de compositores do século XX, achegarán unha visión fascinante e orixinal da música de cámara na actualidade. Un exercicio de exploración musical que xorde da experiencia profesional de dous grandes artistas e que pretende revisar a idea do que significa un concerto de cámara na sociedade do século XXI.

Praza Maior de Ourense

O tradicional mercado de antigüidades, que se celebra o primeiro domingo de cada mes, celebra este domingo día 17 de decembro unha nova cita extraordinaria no marco da programación do Nadal. Así, o mercado celebrarase en horario ininterrompido de 10:00 a 20:00 horas con presenza de 32 comerciantes autorizados que ofertarán os seus produtos ao público.

Ourense Nadal con luz propia

Ourense consolídase como Capital do Nadal en Galicia, cunha ampla e variada oferta de actividades culturais e de lecer para toda a familia en todos os barrios da cidade. É unha oportunidade perfecta para proxectarnos como cidade ideal para facer compras, cun sector comercial de altísimo nivel e calidade contrastada. O Concello, como non pode ser doutro xeito, mantén o seu esforzo no apoio ao sector comercial, á proxección turística da cidade e á consolidación de Ourense como destino perfecto para disfrutar do mellor Nadal de Galicia.

Belén de Baltar

O Concello de Ourense convoca a edición número 21 do Concurso de Beléns Públicos de Ourense. O certame premiará os mellores nacementos que se expoñan ao público na cidade durante as datas de Nadal, en tres modalidades: entidades, familiares e escolares. As persoas interesadas en participar poden formalizar a inscrición ate o día 14 de decembro, a través do Rexistro Xeral na Casa do Concello. As bases completas pódense consultar na páxina web da Concellería de Cultura www.ourensecultura.com.

Presentación do Festival Sólodos en Danza

O Auditorio Municipal acolleu a segunda edición na cidade de Ourense do Festival Internacional de Danza Contemporánea no foron entregados os seguintes premios do Certame de creación de dúos e Solos

Presentacion do Festival Internacional de Danza Contemporánea

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, presentou unha nova edición do Festival de Danza Contemporánea de Ourense Sólodos en danza, que terá lugar entre o 22 e o 24 de novembro.

Presentación do primeiro concerto do Ciclo de Lírica

O festival abrirase coa gran diva internacional da ópera Cristina Gallardo Domas o vindeiro 24 de novembro, que estará acompañada ao piano por Juan Durán, un dos mellores compositores galegos da actualidade, e xuntos amosarán “Puentes de Amor”, os temas que compoñen o disco que grabaron o mes pasado na nosa cidade

Presentación do Cliclo Lírico de Ourense.

O sete de novembro foi presentado o Ciclo de Lírica, un dos produtos culturais máis singulares e especiais que pon en marcha o Concello de Ourense co inestimable apoio da Deputación e de Abanca.

Información sobre o magosto 2017

A cidade de Ourense celebra este sábado 11 de novembro, día de San Martiño, a súa festa popular con máis raigame, os Magostos, declarada festa de interese turístico.