Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense propón, para esta semana, unha axenda repleta de músicas de diferentes estilos e teatro para todas as idades. 

  • O xoves 12 de novembro, ás 20.30h na Sala Principal do Auditorio, primeira cita da tempada co Enclave de Cámara a cargo do Dúo del Valle, formado polos irmás Víctor e Luís del Valle. Interpretarán obras de Schubert, Corigliano e Ravel. O prezo da entrada é de 8€. 
  • O venres 13 de novembro, ás 20.30h na Sala Principal, actuará a compañía Lila Teatro, representando a obra Rara avis. Trátase dunha peza teatral dirixida a público adulto. O prezo da entrada é de 5€.
  • O sábado 14 de novembro, ás 19.00h na Sala Principal, o Grupo Fiadeiro representará a obra A viaxe de José, unha peza músico-teatral dirixida a todos os públicos. A entrada será gratuíta até completar aforo.
  • Por último, o domingo, 15 de novembro ás 18.00h, a Sala Principal estará reservada á Compañía Pérez & Fernández representando a obra Os nenos da variola. Trátase dunha peza teatral dirixida a todos os públicos. O prezo da entrada é de 5€.

O aforo máximo é de 30 persoas, sempre coas preceptivas medidas sanitarias -máscara de protección e hixiene de mans á entrada-. As entradas poden mercarse en ataquilla.com ou na propia billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Máis información na web de Cultura do Concello

A primeira edición do Premio NÓS de relatos, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense e dotado con 3.000 euros, xa ten gañador. A honra correspóndelle a Francisco Rozados Rivas, co seu relato A miña vila, “un relato costumista que nos fala de personaxes senlleiras dunha vila”

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Cultura, desenvolverá no mes de novembro as seguintes actividades no Auditorio Municipal.

O arqueólogo, prehistoriador, fundador da Revista Nós e do Partido Galeguista, Florentino López Cuevillas (1886-1958)] recibiu hoxe, no día do centenario da Revista Nós, a homenaxe da cidade de Ourense cunha placa na casa na que viviu e traballou, na rúa de Santo Domingo.

Cartel da exposición de Poldras

O Concello abre ao público, na sala Valente, a exposición 'Os caprichos espidos', de Xosé Poldras (A Coruña, 1969), unha colección que combina unha parte artística, de creación orixinal, e outra divulgativa, referida á carpeta dos famosos gravados de Francisco de Goya.

Cabalgata

“Se a montaña non vai a Mahoma, Mahoma irá á montaña”. O próximo día 5 de xaneiro de 2021, os paxes das súas maxestades repartirán os caramelos dos Reis Magos a domicilio á totalidade dos nenos e as nenas de Ourense menores de 12 anos. Trátase dunha iniciativa do Concello de Ourense que fará “que unha pizca de alegría non se perda e siga chegando a todos os domicilios”, asegura o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

Fachada do Auditorio

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá o plan estratéxico de subvencións da Área de Cultura do Concello para o exercicio 2021, unha ferramenta para a planificación estratéxica das políticas do gasto público no eido cultural

Auditorio

Á vista da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria da cidade, a Concellería de Cultura do Concello de Ourense apraza a programación de actividades que tiña previsto desenvolver no mes de outubro no Auditorio Municipal.

O Concello reprogramará os espectáculos cando as circunstancias sanitarias o fagan aconsellable.

A Fundación ”la Caixa” e o Concello de Ourense presentan a exposición Xénese, de Sebastião Salgado, na Avenida de Pontevedra até o 4 de novembro.

O Claustro de San Francisco abrirá, desde hoxe, no horario de inverno. Un cambio habitual nos últimos anos para adaptarse ás horas de luz.