Cultura
Áreas
Ourense con Luz Propia é o lema co que o Concello de Ourense aposta por posicionar á cidade das Burgas como Capital Galega do Nadal. Así o explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación desta campaña que tivo lugar na Cidade da Cultura.
“O cine máis pequeño do mundo” iniciou esta mañá unha ruta polos barrios da cidade, que permitirá aos máis cativos desfrutar dunha selección de curtas cinematográficas durante este Nadal.
A compañía ourensá ilMaquinario teatro presentou esta mañá no Auditorio Municipal as tres funcións da súa obra 'Perplexo', que terán lugar este venres -para escolares ás 11:30 horas e para todos os públicos ás 20:30 horas- e sábado -ás 20:30 horas, para todos os públicos-. Partindo dun dos últimos textos do dramaturgo alemán Marius Von Mayenbug, a compañía constrúe unha delirante comedia sobre a dificultade de atoparnos a nós mesmos na sociedade actual. O espectáculo, dirixido por Tito Asorey, foi galardoado con cinco premios María Casares no ano 2015: Mellor Espectáculo, Dirección, Iluminación, Vestiario e Tradución/Versión.
A gran mezzosoprano española Ana Ferrández ofrecerá un recital en Ourense baseado en canción española, opereta e ópera. O seu concerto, que terá lugar este venres ás 20:30 horas no Teatro Principal, xerou gran expectación entre os fans de ópera en Galicia, xa que é unha das estrelas actuais da ópera internacional. Trátase dunha das figuras que compoñen o cartel do Ciclo de Lírica 2016 organizado polo Concello de Ourense.
Os organizadores da exposición 'Prego: 100 anos' abren este mércores a segunda e última fase de catalogación da Obra de Prego de Oliver. Este chamamento, dirixido a todos aqueles propietarios, coleccionistas ou galeristas que posúan obras do autor ourensán e desexen ter a súa obra catalogada.
O Concello de Ourense, en colaboración coa Asociación de Belenistas de Ourense, convoca o XXI Concurso de Beléns Públicos con tres categorías: unha para asociacións sen ánimo de lucro e establecementos comerciais debidamente acreditados, beléns instalados nos domicilios particulares e alumnado de ensino non universitario.
O Auditorio municipal acollerá, do 21 ao 25 de novembro, a décimoitava edición da Semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán”, presentada o venres, 18 de novembre, coa presenza da concelleira de Cultura, Belén Iglesias. Co patrocinio da “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban”, o programa centrarase en compartir “emocionantes aventuras contadas polos seus protagonistas”, segundo os seus organizadores.
A Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Ourense, convoca un concurso para a confección dos carteis anunciadores da festividade de Samaín e dos Magostos, de acordo ás seguintes bases: