Cultura
Áreas
O Concello reforza a programación do Entroido de Ourense 2020 coa finalidade de potenciar a súa dimensión de Entroido líder no Noroeste peninsular. Así o anunciou esta mañá o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que presentou a programación de actividades xunto ao concelleiro de Cultura, Mario González e representantes dos Entroidos da cidade: As Pitas das Eiroás, Paquita e Nicanor de Seixalbo e Frei Canedo da Ponte.
Como principal novidade, o Entroido de Ourense (13 ao 26 de febreiro) contará por primeira vez con 3 desfiles. Xunto ao tradicional de comparsas e carrozas do domingo, 23 de febreiro, incorpora un desfile infantil (venres, 21, 12.00 h) no que participarán 1.300 escolares da cidade, e un desfile dos Entroidos da cidade (o mesmo día, ás 20:30 h), que percorrerán as rúas e prazas da zona vella da cidade.
A cita do mes de febreiro co Enclave de Cámara, este xoves 6 de febreiro ás 20:00 horas no Liceo de Ourense, reunirá dous dos músicos máis talentosos do panorama internacional da música clásica: Isabel Villanueva (viola) e François Dumont (piano). As entradas pódense adquirir en Ataquillaataquilla.com ou no propio espazo, dúas horas antes da función.
O Entroido 2020 xa está en marcha na cidade coa convocatoria do Concurso de Comparsas e da Elección do Rei-Raíña, cuxas bases publica a Concellería de Cultura no seu espazo web e que están abertas a asociacións de veciñas e veciños, culturais ou xuvenís, grupos, colexios, etc.
A compañía Aracaladanza, Premio Nacional de Teatro para a Infancia 2010, presentará este domingo, 2 de febreiro, ás 19.00h no Auditorio a súa última produción, para nenos e nenas a partir de 4 anos: PLAY. A compañía que dirixe Enrique Cabrera, comparte co público desde hai 24 anos un universo fascinante, desde a mirada de quen, a través da imaxinación e da danza, está convencido de que a maxia transforma de maneira máxica a realidade.
Até o 16 de febreiro pódense visitar as exposicións Inquietudes, de Fernando Prieto e Fragmentos de existencia de Francisco Ramos, que se amosan no Museo Municipal, e a Retrospectiva de 'Carmucha' Vázquez Prats, na Sala Valente. Máis información, no espazo web da Concellería de Cultura Axenda cultural da cidade
Danza con Play de Aracaladanza e Sin título 97/17 de Sil Producciones, música coa Banda da Loba, e teatro con Daimon y la jodida lógica, de Matarile e O mel non caduca, de Ibuprofeno son as propostas do Auditorio Municipal para o mes de febreiro de 2020. O 12 de marzo chegará Si esto es un hombre, de Cámara Negra.
As entradas pódense adquirir na páxina web de Ataquilla, na sala de exposicions de Afundación, na Praza Maior, e no despacho de billetes do Auditorio, dúas horas antes da función.
O Enclave de Cámara presenta, este mércores 15 desde as 20.00 horas no Teatro Principal, o prestixioso cuarteto de corda Brentano Quartet. Formado por Mark Steinberg, Serena Canin (violíns), Misha Amory (viola) e Nina Lee (violonchelo), é a formación residente na Yale School of Music, onde sucederon o Cuarteto de Corda de Toquio.
Se ben a axenda cultural municipal comeza este mércores 15 ás 20:00h, co concerto do Brentano Quartet no Teatro Principal dentro do ciclo Enclave de Cámara, o Auditorio celebra unha intensa fin de semana con até catro funcións repartidas entre Fariña e a sesión familiar Descubrindo a Metallica.
Os humoristas Dani Mateo, Manuel Manquiña e David Perdomo e o cantante Bertín Osborne subirán esta semana ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense. A primeira das propostas é Noites de Retranca, espectáculo de humor que no seu especial décimo aniversario chegará a Ourense o venres, 10 de xaneiro, ás 22:30 horas.
En palabras da compañía, “cumprir dez anos levando humor e risas por Galicia adiante merecen festexalo. Por primeira vez nestes dez anos, abrimos o noso espectáculo a artistas de "fóra" e, para facelo contaremos cun artista retranqueiro coma nós... Dani Mateo!!!” Un show con música en directo, a dos Fabulosos Weekend, e as actuacions de Manquiña, David Perdomo e Dani Mateo.
O sábado, 11, ás 20:00 horas, será o turno de Bertín Osborne, que chega a Ourense na xira de presentación do seu último traballo discrográfico: Yo debí enamorarme de tu madre, un espectáculo sorprendente de cen minutos e duración, acompañado dos seus músicos e os seus mariachis. Un show moi coidado e divertido onde o cantante andaluz repasará todos os seus éxitos musicais e as anécdotas máis graciosas da súa carreira.
As entradas, desde 16 euros para Noites de Retranca, e desde 45 euros para Bertín Osborne, pódense adquirir en A taquilla no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
As súas maxestades os Reis Magos de Oriente, percorrerán as rúas de Ourense este domingo para a ledicia da rapazada. A cabalgata sairá desde a Avenida das Caldas ás 18:00 horas, e desfilará repartindo 3.000 quilos de caramelos até a Praza Maior, emprazamento da fin de festa das 26 carrozas participantes. A temática elixida pola Concellería de Cultura serán os animais do mundo.